120714 Estorbín de Valverde - Valle del Cuadro

 Valle del Cuadro - Estorbín de Valverde

                                                                          Enlaces a:  wikiloc  -  fotos  -  pdf castelán

SITUACIÓN: Villamanín (León)

PUNTO DE PARTIDA: Tonín de Arbas (1 250 m)

ACCESO: Dende a estrada N – 630, baixando o porto de Pajares en dirección a León, uns 4 quilómetros antes de Villamanín, á altura de Camplongo.

HORARIO: 6/7 horas                     DESNIVEL: 1 155 m                 DISTANCIA: 14 km

DIFICULTADE: Media/alta             TIPO DE RUTA: Circular         MAPA: I.G.N. – 78 - IV


SINOPSE: Ao leste do porto de Pajares existe unha serie de cumes que a miúdo quedan esquecidas pola preta presenza da agreste cordilleira de Peña Ubiña. Ao igual que outros montes de León, o Estorbín e os seus veciños constitúen un lugar perfecto para atopar un espazo de tranquilidade que non ofrecen outros cumes máis afamados.

A primeira parte da ruta segue o marcado Valle del Cuadro, tendo a única dificultade na subida dende os chans de Braña Fría ata o cume, costa, que non da respiro.


DESCRICIÓN DA RUTA: Atravesamos a aldea para cruzar o río Tonín (1.250 m), á marxe esquerda pola que vamos ata un cruce onde volvemos a cruzar o río pola ponte Juncales (1.340 m). A pista convértese nun camiño que nos deixa ver algúns pozos no río do máis tentadores nun día de calor. Podemos ver o regato de Aguazones, por onde realizaremos, posiblemente, a baixada.

O camiño segue comodamente ata o prado de Las Brañas (1 600 m) onde existe unha cabana, tendo que cruzar de novo o rego subindo pola marxe esquerda ata a zona de pastos de Llanos de Braña Fría (1 660 m), ao pé dun espectacular e fondo desfiladeiro. Subimos por un estreito sendeiro que pasa por debaixo dunha parede rochosa ata un punto onde o sendeiro xira á dereita e comeza a subir pola ladeira que nos separa de Estrella de Cuanya (2 042 m), dende a cal chegamos sen dificultade ao Estobín (2 123 m).

Temos unha gran zona de Asturias central aos nosos pés, o macizo de Ubiña cara ao oeste, os cumes centrais da cordilleira ao leste e a serra de Riaño cara ao sur.

A crista por onde vamos seguir é estreita no seu comezo baixando ao sureste ata o cimbro Valverde (1.971 m), con vistas cara a o val de Río Aller chegando nun intre ao Bolero (2.043 m), primeiro cume dos que seguen cara ao sur. Logo veñen os picos Aguazones (2.046 m), o Vallequín (2 079 m) e o Campastiñosas (2 101 m), antes da baixada ao cimbro Alto del Corralón (1 895 m).

Aquí tomamos a decisión de baixar cara ao oeste ata os restos dos muros do Chozo la Carba (1 730 m) onde sae un camiño que nos levará polo regato Aguazones ata a ponte Juncales e a pista de Tonín.

Outra opción consiste en seguir dende o Alto Corralón cara a chamativa Peña Guazones ou Celleros (2 128 m) e se nos queda ganas de guerra proseguimos polo seguinte cume de La Carba (2 161 m) e o Cueto Millarón ou Brañacaballo (2 182 m) baixando igualmente a ponte Juncales polo barranco de Garrucha.

Neste caso a distancia sería 21 km, e o desnivel acumulado 1 450 m.


---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


Texto extraído do libro Por la Cordillera Cantábrica de Robin Walker, editado por Ediciones Trea S. L. na súa edición do 2.002

Publicacións populares deste blog

260914 Madotz - Irañeta

190813 Circular Ibón de Acherito - Subida ao Mallo a Ralla