050717 Montes Aquilianos
Montes Aquilianos (Alto del Morredero – Campo de las Danzas – Area recreativa de Ferradillo)
Enlaces a: wikiloc - fotos - pdf castelán
SITUACIÓN: Comarca de O Bierzo – Ponferrada (León)
PUNTO DE PARTIDA: Estación de esquí de El Morredero
ACCESO: A El Morredero chégase pola estrada Ponferrada - Sanabria.
HORARIO: De 5 a 6 horas DESNIVEL TOTAL ACUMULADO: 800 m.
DISTANCIA: 15 km DIFICULTADE: Media TIPO DE ROTA: Travesía
MAPAS: I.G.N. – 191 – II – IV – 192 – III
DESCRICIÓN DA ROTA: Durante case todo o percorrido, temos referencias de pintura vermella en estacas de madeira e pedras, que nos orientan no camiño.
Comezamos a andaina pola pista que sae a dereita da estrada, no Alto de los Portillinos (1.957 m.), e subimos por ela ata a caseta do final do remonte da estación de esquí e seguimos ata a torre de telefonía. A flora de montaña, narcisos e xenciana e o predominante da zoa.
O camiño agora baixa e achegándonos a beira del podemos observar un circo glaciar. Subimos de novo ata o Pico de la silla de la Yegua (2.143 m.) onde se levantan dúas casetas, unha de ICONA e outra de telefonía. A dereita delas hai un gran fito de pedras xunto ao cal temos que pasar e a esquerda outros dous circos glaciares pertencentes a zoa de Cabrera. Baixamos pola lomba do monte sobre os vales de Peñalba de Santiago.
Agora dende este novo cimbro, por camiño marcado en chanzos de laxe, toca subir ao alto das Berdiaínas (2.116 m.). Volvemos a baixar pola crista que cae sobre o val do Friguera, co seu circo glaciar. Na cabeceira do Valle del Silencio, acompáñannos magníficas panorámicas.
Comezamos o ascenso ao Pico Tuerto (2.051 m.) entre prantas de xenciana e dende o cume podemos mirar de novo a aldea de Peñalba e unha panorámica da Hoya de Ponferrada.
Nova baixada, pasando polo Tesón, ao fondo podemos ver a aldea de Montes de Valdueza, para ganar outro cimbro e de novo volta a subir, esta vez ao cume de La Aquiana (1.849 m.). Aquí existe unha capela e unha caseta de ICONA. Este é un excelente miradoiro das tres comarcas: o Bierzo, Cabrera e a Maragatería.
Baixamos por un cortalumes e logo collemos un camiño medio escondido entre piñeiros. Este camiño lévanos a unha pista máis ancha que seguimos ata unha curva moi pronunciada a esquerda. Neste punto temos dúas opcións. Seguir a pista ata o Campo das Danzas e dende aquí por pista asfaltada ata a área recreativa de Ferradillo que se atopa dous quilómetros e medio máis abaixo na beira da estrada. Podemos acurtar bastante se na curva antes dita seguimos monte abaixo ata atopar o camiño que ven de Montes. Unha vez neste sendeiro collemos a esquerda e seguimos ata atopar a área recreativa xunto a estrada que baixa do Campo de las Danzas.
AVISO IMPORTANTE: E imprescindible levar auga en abundancia. Non existe ningunha fonte en todo o percorrido.