050619 Valle de Arbás
Valle de Arbás
Enlaces a: wikiloc - fotos-- --pdf castelán
PUNTO DE PARTIDA: Casares de Arbas – Villamanín (León)
ACCESO: Dende Oviedo, polo porto de Pajares, chegar a Villamanín e coller o desvío que vai a comarca de Luna que pasa por Casares de Arbas.
HORARIO: De 4 a 5 horas DESNIVEL: 300 m DISTANCIA: 13 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE ROTA: Circular MAPA: I.G.N. – 103 – I
DESCRICIÓN DA ROTA: A praza de Casares de Arbas marca o comezo desta rota. Dende aquí comézase a camiñar en dirección a igrexa, para poder coller un camiño que vai paralelo o regato Casares. Cando deixamos a aldea, o camiño sobe rapidamente ata chegar a unha cabana, situada na vertente norte do macizo das Tres Marías. Despois dun pequeno tramo de suave pendente, esta volve a ser forte ata a Collada Gistreo, punto mais alto da rota. Dende este cimbro, podemos facer a ascensión as Tres Marías, para volver polo mesmo camiño. A baixada continua polo camiño ata o punto onde existe unha curva de 180º, onde se deixa para tomar un sendeiro que descende zigzagueante polo piñeiro para contactar con a pista que ven de Viadangos polo fondo do val, non sen antes haber cruzado o regato de Viadangos.
Comeza a baixada pola pista e antes de cruzar de novo o regato, pásase preto dunhas cercas e das ruínas dunhas cabanas, un de planta rectangular que ainda se atopa en pé, en parte, e outro circular totalmente derruído.
A pista volve a cruzar o regato nunha ocasión para acadar a marxe esquerda e pouco despois, a rota desviase e segue pola mesma marxe mentres ca pista o fai pola vertente contraria ó val. Ó chegar a Viadangos, cóllese o camiño da dereita e séguese o val arriba un tramo ata o desvío que leva cara a Peña Muerca. Sóbese por unha pista de novo trazado ata un bebedeiro dende o cal se continua ata o cimbro dende o que se divisa Casares.
A partir de aquí, comeza unha baixada por un camiño ata contactar coa estrada, pola que continua a rota durante un quilómetro para chegar a Casares, onde remata esta rota.