210807 Bakaiku – Ermida de S. Adrián – Porto de Lizárraga

 Enlaces a:  wikiloc  /  fotos  /  pdf castelán

SITUACIÓN: Lizárraga (Navarra)

PUNTO DE PARTIDA: Bakaiku (540 m)

ACCESO: Desde a autoestrada A – 10 coller a saída 24 dirección Bakaiku / Iturmendi

HORARIO: 2/3 horas                 DESNIVEL: 575 m                           DISTANCIA: 9,5 km

DIFICULTADE: Media               TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Bakaiku (540 m)                    COTA MÁXIMA: Ermida de S. Adrián (1.114 m)

SINOPSE: San Adrián é un outeiro situado sobre o anticlinal norte da serra de Urbasa, dominando os vales de Burunda e Ergoiena. O cume de San Adrián (1.114 m) está presidido pola ermida do santo, do que se di que protexe o val das tormentas.

Neste cume comeza o espectacular cristeirío da unión das serra de Urbasa e Andía, formado por un conxunto de grandes bloques calíos que se esborrallan cara ao val formando un característico perfil aserrado


DESCRICIÓN DA RUTA: Na antiga estrada a Vitoria, nas derradeiras casas de Bakaiku, collemos a rúa Portuko, á dereita que sobe rumbo sur vai cara as casas máis altas do lugar. Pasamos xunto aos depósitos de auga e máis tarde a cisterna do gas.

Seguimos subindo e pouco despois chegamos a un cruce de camiños situado entre dúas granxas e un panel con nomes e localización de tres barrios dispersos do lugar. Seguimos recto e pouco despois, xunto á unha porta, á dereita, o camiño do porto vai decididamente, en diagonal, cara á serra de Urbasa, buscando o paso natural do porto de Lizárraga (non confundir con o porto de Lizárraga da estrada) lugar onde os cortados ceden.

Seguimos sen problemas seguimos este camiño ata unha primeira fonte cun refuxio ao carón dela. Seguiremos subindo o resto da travesía durante unha hora aproximadamente ata atoparnos con o camiño, máis amplo, que sobe desde Etxarri Aranatz.

Seguimos en dirección leste, incluso cunha pequena baixada, para chegar ao porto natural á altura duns arames e unha cancela. Hai dous pasos bastante pretos pero nós chegaramos polo situado máis ao oeste. A partir de aquí seguimos os arames cara ao leste ata acadar a ermida de San Adrián (1.114 m).

Saímos da ermida con rumbo sur cara á pista que vai cara a venta do porto de Lizárraga (1.040 m) onde se nos presentan tres opcións: A: seguir a aresta; B: seguir pola pista; C: Pola sima de Tximua.

Entendo que a máis espectacular é baixar o máis preto dos cantís, que nos darán unhas vistas espectaculares de todo o val así como poder apreciar de cerca o arco Portupekoleze, logo todo o camiño en suave baixada ata o aparcadoiro do porto de Lizárraga.

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau