240328 Vila Pouca de Aguiar – Pedras Salgadas – Vila Pouca de Aguiar

 Vila Pouca de Aguiar – Pedras Salgadas – Vila Pouca de Aguiar

                                                                       Enlaces a: wikiloc   -   fotos   -   pdf castelán

SITUACIÓN: Alto Trás-os-Montes - Distrito de Vila Real (Portugal)

PUNTO DE PARTIDA: Campo de fútbol de Vila Pouca de Aguiar

ACCESO: Desde a fronteira en Feces da Abaixo (Verín) pola autoestrada A - 24

HORARIO: 3/4 horas                     DESNIVEL: 150 m                     DISTANCIA: 14 km

DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Pedras Salgadas (570 m)   COTA MÁXIMA: Vila Pouca de Aguiar (730 m)

MAPA: Vila Real / 74 – Vila Pouca de Aguiar 1:25.000


SINOPSE: A primeira parte desta camiñada segue o Camiño de Santiago Portugués polo que non teremos problema seguindo as sinais ata Pedras Salgadas onde daremos a volta para regresar pola vía verde do Corgo.

DESCRICIÓN DA RUTA: Esta sinxela ruta parte do aparcadoiro do campo de fútbol de Vila Pouca de Aguiar. Camiñamos uns metros en dirección oeste pola avenida Miguel Torga ata a primeira rúa que sae pola dereita pola que baixamos ata o seguinte cruce onde collemos á dereita pola rúa do Dr. Bento Acácio Piñeiro.

    Camiñamos por esta rúa uns seiscentos metros ata unha bifurcación onde collemos á esquerda pola Rúa da Calçada atravesando un pequeno núcleo de casas e volvendo a entroncar con a estrada que deixamos na anterior bifurcación.

    O camiño pasa xunto á capela de Cidadelha e cruza por unha ponte seguindo agora pola estrada romana entre fincas de labor e algúns viñedos sempre en suave baixada ata que pasamos xunto ao hotel Universal entrando así no parque termal de Pedras Salgadas.

    Camiñamos pola avenida Lopes de Oliveira ata a oficina de turismo onde collemos á dereita pola vía verde do Corgo.

    A pista sae do lugar pasando xunto ás instalacións deportivas e irá sempre paralela á estrada N – 2. En suave pendente ata o seu remate, pasaremos xunto a varios espigueiros (cabazos).

    Ao paso por Nucedo, temos o antigo apeadeiro e preto do remate o camiño pasa por un souto chegando pouco despois ao complexo deportivo, onde tivemos a saída.

Publicacións populares deste blog

190813 Circular Ibón de Acherito - Subida ao Mallo a Ralla

080320 Trilho dos Moinhos de Parada