230829 Borreguil de la Cuca

 Borreguil de la Cuca

                                                                       Enlaces a: wikiloc   -   fotos   -   pdf castelán

SITUACIÓN: Canfranc (Huesca)

PUNTO DE PARTIDA: Aparcadoiro de Canfranc Estación (1.190 m)

ACCESO: Canfranc está situado na estrada N – 330 (Jaca – Somport)

HORARIO: 5/6 horas           DESNIVEL: 890 m         DISTANCIA: 15 km

DIFICULTADE: Media         TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Ponte de Canfranc (1.190 m)

COTA MÁXIMA: Borreguil de la Cuca (2.080 m)

MAPA: Valle de Canfranc – Alpina 1:25:000

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos do aparcadoiro para cruzar a estrada principal e coller a rúa chamada Paseo de Los Ayerbe.

    Aparece unha forte pendente e logo de xirar á esquerda atopamos un cartel que marca o comezo do “Camino del Corzo”. Este carreiro levaranos en cómoda subida ata o camiño principal de Estiviellas. Unha vez chegado a este cruce, collemos a bifurcación á nosa dereita.

    Durante a subida, temos dous cruces que saen á nosa esquerda que van a diferentes miradoiros, que si queremos visitar temos que volver sempre ao camiño principal. O camiño segue comodamente ata saír do bosque, onde continúa por unha zona con algunha pedra ata chegar, logo dunhas cantas curvas máis á Cola de Caballo.

    Seguimos subindo por cómodo camiño que nun quilómetro nos levará á Olla de Estiviellas. Xusto ao chegar a este sitio atopamos un cruce á nosa dereita que nos indica Collado de Estiviellas, polo que seguimos subindo.

    Pasados preto de dous quilómetros desde o último cruce, vemos nunha curva á esquerda un cartel que indica Pico del Águila cara á dereita. Non facemos caso desta indicación e seguimos subindo pola esquerda enlazando curva tras curva ata chegar a ver todo o circo da Garganta de Borau, Aspe e a zona de Tortiellas.

    Xusto, aos saír ao cimbro xiramos á dereita para ir pola crista camiño do Borreguil de la Cuca. Nos últimos trinta metros teremos que usar as mans para subir, pero sen ningún paso complicado.

    A volta temos que facela seguindo o mesmo percorrido da subida ata chegar ao cruce da Olla de Estiviellas. Agora collemos á dereita, baixando pola zona de Secras, facendo así a ruta circular. Agora solo temos que prestar atención na primeira bifurcación, nada máis pasar o barranco de Estiviellas, onde colleremos á esquerda.

    Neste lugar, pola dereita sae un camiño en zigzag que vai á Fuente del Centenario á que podemos subir logo dun quilómetro de andaina, volvendo de novo ata o cruce anterior.

Publicacións populares deste blog

190813 Circular Ibón de Acherito - Subida ao Mallo a Ralla

080320 Trilho dos Moinhos de Parada