190616 Valle de Curueño

 Valle del Curueño   Nocedo – Valdeteja - Valverde

                                                                         Enlaces a:  wikiloc  -  fotos  -  pdf castelán

SITUACIÓN: Valdepiélago e Valdelugueros (León)

PUNTO DE PARTIDA: Nocedo de Curueño (1.050 m)

ACCESO:Desde a estrada CL – 626, en La Vecilla coller a LE – 321 que vai polo val do río Curueño

HORARIO: 3/4 horas                   DESNIVEL: 350 m                DISTANCIA: 10 km

DIFICULTADE: Baixa                  TIPO DE RUTA: Travesía     MAPA: I.G.N.  104 – I – III

COTAS Mínima Nocedo (1 050 m)            Máxima: Collada de Valdenocillo (1 396 m) 

SINOPSE: O Valle del Curueño, río que nace no Puerto de Vegarada, é un espazo cicelado pola auga encaixada entre dúas grandes serras rochosas. Está situado no curso do río do mesmo nome na Montaña Central Leonesa, limitando ao norte con Asturias ata a súa unión no encoro de Porma.

    Os vales altos pertencen ao Paleozoico mentres que das foces para abaixo, ábrense terreos do Terciario.

DESCRICIÓN DA RUTA: Logo de visitar a fervenza do rego Valdecesar camiñamos pola estrada LE – 321 en dirección norte algo menos dun quilómetro. Chegamos a un cruce onde á esquerda sobe unha pista que vai a Valdorria e á dereita temos, atravesando o río Curueño por unha ponte, o lugar de Nocedo.

    Cambiamos de marxe do río, agora levámolo á nosa esquerda, para subir pola pista que vai ao antigo balneario. Aquí hai unha ponte pero, o noso camiño segue de fronte, ata a seguinte ponte. Neste lugar, cruzamos o río para seguir de novo pola estrada uns cen metros, ata que aparece un camiño á esquerda, un pouco antes das Hoces de Valdeteja.

    Agora vamos en lixeiro ascenso, pasando xunto a dúas fontes, tendo na primeira parte da ruta uns tres quilómetros que transcorren por pista forestal en continuo ascenso, con tramos costos, ata chegar á Collada de Valdenocillo (1.396 m).

    Dende a subida podemos ver o Cueto Ancino, montaña de grande fermosura e unha caseta instalada nunha árbore. Proseguimos a marcha é, segundo avanzamos achegándonos ao outeiro temos que cruzar dúas veces o Arroyo de las Regueras.

    Sen perda e sen deixar de subir, acadamos a Collada de Valdenocillo, lugar desde o que vemos os dous vales e as montañas que nos rodean.

    A baixada agora é rápida é, preto de Valdeteja temos que cruzar o rego xunto a unha cadra onde atopamos a pista que nos levará ó centro do lugar. Pasamos xunto ao cemiterio e logo dunha visita a este lugar aproveitamos para coller auga na fonte situada no centro da poboación (1.220 m). Neste lugar tamén temos un bar.

    Desde a fonte, seguimos en dirección norte ata acadar a estrada LE - 313 que seguimos en dirección noroeste uns trescentos metros. Aparece unha pista pola dereita pola que imos polo fondo do val que vai paralela á estrada e ao regato Valdeteja, ata Valverde de Curueño, onde remata esta travesía.

    Si temos tempo e folgos, podemos seguir pola estrada ata a Collada de Valdeteja situada a dous quilómetros en dirección a Genícera.

Publicacións populares deste blog

190813 Circular Ibón de Acherito - Subida ao Mallo a Ralla

260914 Madotz - Irañeta