180331 De Moralina de Sayago a Castro de Alcañices pola ponte Requejo
De Moralina de Sayago a Castro de Alcañices pola ponte Requejo
Enlaces a: wikiloc - fotos - pdf castelán
SITUACIÓN: Concellos de Moralina de Sayago, Villadepera, Pino del Oro e Fonfría (Zamora)
PUNTO DE PARTIDA: Moralina de Sayago
ACCESO: Desde Miranda do Douro pola ZA – 324 e logo pola ZA - 321
HORARIO: 5/6 horas DESNIVEL: 650 m DISTANCIA: 26 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Embarcadeiro de Pino (570 m) COTA MÁXIMA: Moralina (760 m)
MAPAS: I.G.N. – 368 – III – 396 – I
SINOPSE: O Parque Natural das Arribes do Douro está formado por uns impresionantes canóns formados hai cen millóns de anos seguindo a canle do río Douro, facendo fronteira entre España e Portugal. O Parque ten máis de 106.000 hectáreas, nas que se inclúen sesenta e oito localidades das provincias de Zamora e Salamanca e da comarca portuguesa de Terras de Miranda.
A Ponte de Requejo é unha obra de enxeñería española construído para salvar o río Douro ó seu paso polos concellos e Pino del Oro e Villadepera, na provincia de Zamora. A construción desta ponte supuxo unha mellora de comunicación entre as comarcas zamoranas de Sayago e Aliste.
Antes, a única vía de comunicación entre estes territorios consistía nunha barca que navegaba entre Pino e Villadepera.
DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñada na localidade de Moralina saíndo as aforas do lugar camiño de Requejo para enlazar con o GR – 14, Ruta do Douro que ven de Moral de Sayago. Imos cara ao norte, paralelos ao río Douro, atravesando regos por varias pontes e podendo apreciar os restos de antigos muíños. Polo GR – 14, ben sinalizado chegamos as aforas de Villadepera, localidade que deixamos á nosa esquerda, para seguir en dirección oeste ata preto do Douro, o que seguimos facendo unha grande volta, agora cara ao leste, cruzamos outro regato onde existe un muíño para ir en busca da fermosa ponte de Requejo.
Preto de Pino del Oro, collemos á esquerda para seguir agora o PR Pino del Oro Castro de Alcañices. O sendeiro vai ao nordeste ata o encoro de abastecemento de auga de Pino, xirando logo ao oeste.
No camiño existen os restos dunhas minas romanas de ouro, e máis adiante, entroncamos coa pista que nos leva a Castro de Alcañices.