160324 Rota do río Támega

Rota do río Támega   (De Vila Verde da Raia a Chaves)

                                                                        Enlaces a :  wikiloc  -  fotos  -  pdf castelán

SITUACIÓN: Chaves (Portugal)

PUNTO DE PARTIDA: Vila Verde da Raia (380 m)

ACCESO: Dende a autoestrada A – 75 VerínChaves, collemos a saída 10 en dirección Faces de Abaixo ata pasar a fronteira. A camiñada comeza xusto no posto fronteirizo de Vila Verde da Raia.

HORARIO: 3 horas                          DESNIVEL: 100 m                       DISTANCIA: 12 km

DIFICULTADE: Baixa                         TIPO DE RUTA: Travesía           MAPA:

COTA MÍNIMA: Chaves (350 m)        COTA MÁXIMA: Vila Verde da Raia (380 m)


SINOPSE: Sen dúbida algunha, Vila Verde da Raia ten moito significado nas historias de emigración clandestina. Foi punto de partida de numerosas aventuras e en tempo tamén un punto de referencia na chegada a terras lusas, que logo, dunha longa viaxe pisaban o solo da terriña.


DESCRICIÓN DA RUTA: A ruta comeza na estrada N – 103 – 5 xunto ao paso fronteirizo. Para iso collemos un camiño en dirección oeste paralelo ao río Pequeno, que seguimos ata a súa confluencia con o ría Tâmega.

Seguimos por zona arborada ata a presa da que sae unha canle de auga seguindo agora pola estrada asfaltada Açude onde na primeira curva á esquerda, nosoutros temos que seguir de fronte, pola rúa Fontaínhas paralelos á canle do río.

Máis adiante cruzamos por debaixo a autoestrada A – 24 para de seguida xirar á esquerda e así dirixirnos ao núcleo de Vila Verde da Raia. Este camiño lévanos á igrexa parroquial onde temos unha fonte de auga potable. Aquí collemos a rúa Direita que nos leva á saída do lugar pasando xunto ao Fontanário de Vilaverde da Raia onde collemos á dereita para cruzar a canle entre terras de labor.

O camiño vainos achegando ao río Tâmega camiñando agora moi preto da súa canle ata que entramos na vila de Chaves, punto final deste fácil percorrido.

Publicacións populares deste blog

190813 Circular Ibón de Acherito - Subida ao Mallo a Ralla

080320 Trilho dos Moinhos de Parada