150824 Pont de Resec - Ref. Restanca (Estanh Tórt de Rius, Estanh de Mar)
Pónt de Resec – Estanh de Rius – Estanh Tórt de Rius – Estanh de Mar – Refuxio dera Restanca
Enlaces a: Wikiloc - fotos - pdf castelán
SITUACIÓN: Parc Nacional d´Aigüestortes i Estany Sant Maurici
PUNTO DE PARTIDA: Pónt de Resec (1.400 m)
ACCESO: Por pista desde Arties (5 km)
HORARIO: 5/6 horas DISTANCIA: 17 km DIFICULTADE: Alta
TIPO DE RUTA: Travesía DESNIVÉIS: 1.180 m de subidas / 550 m de baixadas.
COTA MÍNIMA: Pónt de Resec (1.400 m) COTA MÁXIMA: Serrada de Mar (2.499 m)
MAPA: Aigüestortes – Vall de Boí (1:25.000 - Editorial Alpina)
DESCRICIÓN DA RUTA: O comezo sitúase no aparcadoiro da área recreativa de Pont de Resec, onde deixamos o coche. En Pont de Rius (1.600 m), pasada a cabana xírase á dereita onde, ao comezo, o camiño está difuso nalgunhas zonas pola herba ou as flores. Unha vez enriba, nas lagoas de Basse de Rius (1.950 m), crúzase por unha lousa plana para entroncar con o GR 11 que collemos cara á dereita.
Seguimos o GR 11 ata o Estanh de Ríus (2.325 m) onde xunto ao lago, deixamos o GR para coller un sendeiro que deixa dito lago á nosa dereita atravesando unha zona de pequenas lagoas, Bases de Tórt, chegando así ao Estanh Tórt de Ríus (2.354 m) que bordeamos deixando tamén á nosa dereita. Chegamos a outro lago máis pequeno, Estanh dera Colhada, comezando a subir cara a Serrada de Mar (2.499 m) onde temos fermosas vistas cara a todos os puntos cardinais. Ao fondo, cara ao leste podemos ver o Estanh de Mar cunha illa no medio do lago. Logo de baixar ata a beira do lago, percorremos o sendeiro que o bordexa deixando á nosa esquerda.
Á nosa esquerda vai quedando a impoñente Serra de Tumeneia, coa Punta d´Harlé como máxima elevación con 2.883 metros. Polo sur queda o Besiberri Nord (3.009) que remata o Massís de Besiberri polo norte.
O carreiro pasa por Plan de Mar (2.117 m) comezando a baixar cara ao lago de La Restanca (2.010 m) onde se sitúa o refuxio do mesmo nome.