220619 De Corme ao aparcadoiro de Rego dos muíños

 De Corme ao aparcadoiro do Rego dos Muíños

                                                                                               Enlaces a:  wikiloc  /  fotos  /  pdf castelán

SITUACIÓN: Ponteceso e Cabana de Bergantiños (A Coruña)

PUNTO DE PARTIDA: Corme (20 m)

HORARIO: 5/6 horas                     DESNIVEL: 315 m de subidas / 320 m de baixadas

DISTANCIA: 16,5 km                     DIFICULTADE: Baixa         TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Praias (0 m)         COTA MÁXIMA: Monte da Facha (80 m)

MAPA: I.G.N. – 43 – III – IV

SINOPSE: No interior da ría de Corme – Laxe todo cambia do día anterior. O Monte da Facha e toda a desembocadura do río Anllóns con as dunas de A Barra completan un percorrido espectacular.


DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada parte de Corme en dirección á praia da Ermida pasando esta, temos a pequena illa da Estrela e un pouco máis adiante a praia de Río Covo. Desta saímos por un estreito carreiro sobre a ría que nos achega aos cantís do Monte da Facha e a Valarés con o seu prado de merendas e un piñeiral.

Agora bordeamos a zona espectacular do Monte Branco pasando xunto á praia da Barra e achegándonos a desembocadura do río Anllóns cunha boa vista da Illa Tiñosa, percorrendo a zona que separa as terras de cultivo do río entrando en Ponteceso xunto á casa de Eduardo Pondal.

Temos que cruzar a ponte e camiñar un tramo pola beirarrúa da estrada AC-429 que atravesaremos para coller á dereita e internarnos na Ensenada da Ínsua percorrendo os seus montes de piñeiros ata O Curro e a praia de Urixeira con o seu miradoiro ornitolóxico.

A nosa camiñada pola beira da ría lévanos á praia do Pendón e á enseada do Lodeiro onde remata esta ruta no aparcadoiro do Rego dos Muíños xunta á estrada que vai a Laxe.

Publicacións populares deste blog

260914 Madotz - Irañeta

190813 Circular Ibón de Acherito - Subida ao Mallo a Ralla