050116 De Cabo Ortegal a S. Andrés de Teixido

 

De Cabo Ortegal a S. Andrés de Teixido

                                                                                       Enlaces a:  wikiloc  /  fotos  /  pdf castelán

SITUACIÓN: Cariño e Cedeira (A Coruña)

PUNTO DE PARTIDA: Cabo Ortegal

ACCESO: Dende a C – 642, a altura de Ponte Mera, hai que coller a estrada que vai a Cariño. Dende aquí seguimos a sinalización ata o Cabo Ortegal.

HORARIO: 5/6 horas             DESNIVEL: 600 m             DIFICULTADE: Baixa

TIPO DE ROTA: Travesía     MAPAS: I.G.N – 1 – III - IV


DESCRICIÓN DA ROTA: Dende a Punta dos Aguillóns no Cabo Ortegal, retrocedemos 750 m. pola estrada ata unha pista de terra, pola que subimos. Hai un paso para evitar a saída do gando. A pista vai subindo e a aldea de Vacariza vai quedando aos nosos pés para despois de dous quilómetros e medio chegar a unha pista asfaltada.

Camiñamos escasamente un quilómetro pola pista de asfalto onde hai dous miradoiros,un sobre a vila de Cariño e outro orientado cara ao interior da ría, con Espasante, Ladrido e Ortigueira no leste e a Serra da Capelada ao oeste.

Collemos a primeira pista que aparece a dereita e na segunda curva vamos cara a esquerda por un corta lumes, primeiro cara ao norte e logo cara ao oeste.

Despois de sete quilómetros de recorrido, chegamos á estrada que vai a San Andrés, pero nunha curva que se aproxima aos cantís, onde hai unha caseta do gando, ao pasala collemos unha pista a dereita que vai a beira do acantilado, e tan preto del como se queira podemos camiñar durante dous quilómetros para, salvando os arames, chegar a garita de Herbeira (s XVIII). Arredor dela hai un miradoiro sobre o cantil que nese punto, con 614 m. de altura, é o máis alto de Europa.

Seguindo ao oeste vaise baixando entre os cabalos que pacen libremente e o mar, xunto ao peche dos arames que nos leva ao camiño, marcado como rota, que pasa por riba dos prados da aldea de Teixedelo e sae á estrada xunto a un cruceiro que xa puidemos observar dende a garita. Dende aquí podemos ver o lugar de San Andrés de Teixido, e do outro lado, fronte a nós, o cruceiro dos Carrís. Volvendo a estrada, sen chegar a ela, á dereita baixa un camiño,as veces carreiro e outras canle, pouco usado polos peregrinos, que chega a un dos aparcadoiros que existen no lugar.

En San Andrés pódese visitar a capela e a fonte bebendo dos tres canos sen apoiarse. Temos tres centos metros por un carreiro que nos leva ata os cantís da beira do mar.

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau