250917 Barranco de Artaso

 Barranco de Artaso

                                                                       Enlaces a: Wikiloc     -   fotos   -   pdf castelán

SITUACIÓN: Ojacastro (A Rioxa)

PUNTO DE PARTIDA: Ojacastro (800 m)

ACCESO: Ojacastro está na estrada LR – 111

HORARIO: 6/7 horas             DESNIVEL: 600 m         DISTANCIA: 18 km

DIFICULTADE: Media           TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Ojacastro (800 m)    COTA MÁXIMA: Refuxio de Zabarrula (1.200 m)

MAPAS: I.G.N. – 202 – III – IV

DESCRICIÓN DA RUTA: Percorremos a poboación de Ojacastro en dirección noroeste buscando o camiño que leva á ermida de Santo Angel que atopamos ao chegar as últimas casas do lugar.

    Collemos á dereita seguindo este camiño mentres gañamos altura por este sinxelo traxecto que nos leva á ermida, e unha vez nela, achegámonos a ver o que queda do antigo pozo de neve, para seguir por detrás da ermida onde buscamos un escondido carreiro que baixa cara ao Arroyo del Ángel.

    Á altura do rego cruzamos unha pista para seguir de fronte, na mesma dirección que traíamos, xunto a unhas granxas que nos levará a conectar con o camiño de sobe polo Barranco de Artaso.

    Esta é a parte máis sobresaínte da ruta, un tramo moi fermoso nun entorno natural. Entramos no faial levando o rego á dereita e a ladeira do monte á esquerda. Hai algunhas marcas nas árbores e o carreiro está pouco definido pero a dirección é clara pois temos que ir sempre a media ladeira en dirección noroeste.

    A subida é continua pero non afoga polo que seguimos avanzando entre faias ata a parte media do Barranco de Artaso onde o carreiro pasa varias bagoadas entre acivros e enormes faias. Chegado a un punto, temos que prestar atención pois a pista invítanos a seguila pero a nosa dirección busca a parte superior do barranco polo que xiramos á esquerda e cruzamos por unha pista ben marcada, a cal seguimos ata a altura dun enorme carballo chamado o Rebollo de Zamaquias.

    Desde esta árbore singular seguimos a pista que hai enfronte para ir saíndo do faial ata que, chegado a un punto, a pista pérdese e de novo nos atopamos entre faias, subimos uns metros buscando o cordal e sen dificultades saímos á pista que vai de Ojacastro a Coto Sordo.

    Unha vez na pista, seguimos por ela ata chegar á parte alta onde se cruza con a principal que vai polo cordal. Xiramos á esquerda por terreo moito máis aberto que nos ofrece boas vistas. Seguimos a pista deixando desvíos á dereita e esquerda ata preto do Cerrito de los Mojones onde a pista se bifurca collendo o ramal que baixa á esquerda polos prados. Estamos atentos para dar con o refuxio de Zabárrula.

    Á saída do refuxio temos dúas opcións. Atopar un carreiro que sae en dirección sur para facer amplos zigzags ata o despoboado de Amunartia ou seguir pola pista uns metros para abandonala un pouco máis adiante por terreo despexado.

    Calquera das opcións van levarnos á Amunartia, que cruzamos para saír á pista asfaltada. Seguiremos esta pista todo en baixada que nos levará de novo a Ojacastro e desde aquí a Ezcaray.

Publicacións populares deste blog

190813 Circular Ibón de Acherito - Subida ao Mallo a Ralla

080320 Trilho dos Moinhos de Parada