201017 Curva de la Petenera - Oseja (por Gián)
Curva La Petenera – El Afrontaorio – Majada Gian –
Canal de los Chinos – Pio – Oseja
Enlaces a: wikiloc - fotos - pdf castelán SITUACIÓN: Sajambre (León)
PUNTO DE PARTIDA: Curva de La Petenera (1.210 m)
ACCESO: Desde Cangas de Onís pola estrada que sobe ao porto de El Pontón
HORARIO: DESNIVEL: DISTANCIA:
DIFICULTADE: TIPO DE RUTA:
COTA MÍNIMA: COTA MÁXIMA: MAPA: I.G.N. – 80 – I
SINOPSE: Sajambre está formado polas súas montañas, os seus vales, os seus ríos e os seus bosques; tamén polos seus pobos, camiños e brañas, pero por riba de todo, as súas xentes.
A xente destas montañas viviu perfectamente en simbiose con elas, pero tamén nun ambiente moi agreste e difícil, onde as actividades realizábanse a base de moito esforzo, moito tempo e incontable paciencia, e como mostra vaia esta: Achégate a Pío e pregunta pola Canal de los Chinos e se te atreves sobe por ela ata a Majada de Gián, o único camiño do que dispoñían para superar os setecentos metros de desnivel.
Vaia por diante que “chinos” era a maneira de chamar nestas aldeas aos xatos pequenos.
Nesta ocasión o esforzo vai ser moito menor ao comezar a andaina en sentido contrario, sendo practicamente todo en baixada agás un tramo no comezo e a derradeira subida a Oseja.
DESCRICIÓN DA RUTA: Na mesma curva de La Petenera (1.210 m) pola dereita segundo se sobe, sae unha pista pechada por unha cancela de ferro. No comezo presenta unha forte inclinación para perdela logo de cruzar o regato estacional de La Petenera. A pista continua en trazo case horizontal atravesando dous regatos moi pretos un do outro. O primeiro é o rego de El Campo que baixa da Majada Pozúa. O último tramo da pista é en subida e remata en El Afrontadorio; cruzamos o rego de La Jorada e desviándonos á esquerda subimos pola Cuenya El Afrontadorio seguindo un carreiro ben marcado, que un pouco máis arriba atravesa unha cerrume de arames e troncos. Unha vez superado este paso, desviámonos á esquerda pasando polo Collaín de La Cuenya. No pico da costa queda, á dereita, o LLanón de Los Aceos; seguimos paralelos ao rego que non soe levar auga, e cando o bosque se vai abrindo, á esquerda queda o Collaín de la Jorada e de fronte temos os farallóns de Entrecuetos.
Xiramos á dereita ganando altura por unha campeira ata o outeiro de La Solana del Chozo (1.513 m), quedando á nosa dereita o Cantu La Tabla (1.593 m). Desde a Solana del Chozo ben vale a pena subir este fácil cume que ten impresionantes vistas de Pío, o val de Zalambral e o Niajo.
Desde La Solana del Chozo baixamos por un sendeiro entre escobas e ben marcado que inicialmente xira á dereita e que nun amplo zigzag lévanos á bagoada que temos enfronte onde se sitúa a Majada Gián (1432 m) con a maioría das súas cabanas en estado ruinoso.
Ao norte da Majada de Gián, entramos nunha pendente e cerrada canle, entre escobas e breixos que se chama El Apretaorio; máis abaixo pasamos por El Jontisco, no que deixamos á esquerda segundo a marcha unha cova que zomega auga, e á dereita unha fonte cuxa auga cae por unha parede tapizada de musgo. O sendeiro está bastante perdido, discorre preferentemente pola beira dereita da canle. Pouco despois chegamos á única zoan cha que vamos atopar: é o Llanón del Paredón; a dereita e a beira do recorrido temos unha profunda sima, Pozo del Paredón, que e importante localizar, xa que é o punto de bifurcación.
Debemos coller o camiño correcto á altura do Pozo del Paredón comezando a subir suavemente pola ladeira da esquerda, deixando por debaixo a Majada Piedravaler, ato o Colladín del Oso; temos que baixar sen cambiar o rumbo que traemos ultimamente e á nosa dereita vemos a canle chamada Llambrio Viejo que rexeitamos por ser bastante perigosa. Pasamos ao lado dun corpulento carballo e desde aquí comeza a maior inclinación, sen o menor trazo de sendeiro en case todo o recorrido. Cruzamos unha parte do monte Las Mudas, pasando ao lado dun pradairo e evitamos El Salto pola dereita e algo máis abaixo saímos da canle por un outeiro que está no mesmo lado.
Facemos unha travesía en horizontal entre faias polos Solorrudos, e cando estamos por debaixo, na mesma vertical do El Llambrio, deixamos á nosa dereita unha concavidade na rocha, pouco máis adiante chegamos á Llomba de los Pastores pola que hai que baixar, ata atopar o camiño de El Llambrio que ven pola dereita. O camiño que falta está invadido de arbustos e discorre deixando un prado á dereita.
Temos o acceso á pista da central eléctrica xunto a unha torre do tendido eléctrico e a Pío uns dous quilómetros. Desde Pio seguimos polo camiño de Vierdes e logo, temos unha bifurcación que en subida nos leva a Oseja.