150826 Ref. Estany Llong - Ref. José M. Blanc
Ref. Estany Llong – Ref. José M. Blanc
Enlaces a: Wikiloc - fotos - pdf castelán
SITUACIÓN: Parc Nacional d´Aigüestortes i Estany de Sant Maurici (Lleida)
PUNTO DE PARTIDA: Ref. Estany Llong (1.987 m)
ACCESO: Coller a estrada de Boí ata o parking de La Palanca de la Molina onde se dixa o coche. 3 horas de camiño. Na travesía de Carros de Foc accédese desde La Restanca ou desde Colomina.
HORARIO: De 6 a 10 horas DISTANCIA: 17,8 km DIFICULTADE: Media
TIPO DE RUTA: Travesía DESNIVÉIS: De subida 870 m / de baixada 495 m
COTAS MÁXIMAS: Collado de Dellui 2.577 m e Collado de Saburó 2.667 m
MAPA: Carros de Foc (Ed. Alpina) 1:25.000
DESCRICIÓN DA RUTA:
1ª parte: De Estany LLong (1.987 m) a Colomina (2.420 m) 4h a 6h (12 km)
Este traxecto é o máis longo en quilómetros aínda que non e dificultade. Do mesmo refuxio saímos en lixeiro ascenso polo bosque, en dirección á Colleta de Dellui (2.577 m) con unha parte perfectamente empedrada e coas agullas do mesmo nome diante de nós. O camiño segue facendo cómodos zigzags ata o cimbro.
Antes deste cimbro e chegando ao Gran Estany de Dellui temos que atravesar unha pedreira con bloques e ao coroala debemos baixar un pouco ata os prados que bordean pola esquerda o lago.
A paisaxe da zona sur é completamente diferente do que vimos ate o de agora, xa que esta parece lunar. Grandes lagos represados acompáñannos ao longo do camiño que, solo na súa parte inicial, ten unha pendente salientable. O resto do camiño é unha combinación de pequenas subidas e baixadas. Unha vez pasada a desembocadura do Estany Tort, chegamos a unhas antigas carrileiras de vagonetas, e ao pouco atoparemos á esquerda o desvío, que en sentido ascendente nos conduce ao refuxio que, non debemos confundir con o edificio que vemos máis abaixo que é o restaurante da estación superior do teleférico de Sallente a Estany Gento.
2ª parte: De Colomina (2.320 m) a Josep Mª Blanc (2.318 m) 2h a 4h (8 km)
Saímos do refuxio uns 200 m, do anterior camiño, para despois coller o sendeiro da dereita. Deixamos os Estanys de Colomina e Mar á nosa dereita tendo que subir o Pas de l´Os (2.642 m), mediante unha curta pero dura subida de antigos chanzos.
Logo dunha curta baixada, pasamos a presa de Estany de Saburó, deixando esta á nosa esquerda. Seguimos subindo polas marcas do GR ata o Collado de Capdella ou Saburó (2.668 m).
Unha vez aquí, o aconsellable é seguir polo camiño que baixa á esquerda dos Estanys del Cap del Por, aínda que as sinais seguen pola dereita. Este tramo discorre entre prados que nos levará ata o cruce de Coll de Monestero.
Seguimos polo camiño da nosa dereita deixando o Estany de la Llastra á nosa esquerda e o Estany Negre á nosa dereita dende o cal, en poucos minutos chegamos ao refuxio que se atopa situado nun pequeno istmo, xusto no Estany Tort de Peguera.
Debido a distancia a percorrer, non se contempla a subida a ningún cume.