23 04 06 NACEMENTO DOS RÍOS ASÓN E GÁNDARA

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Arredondo e Soba (Cantabria)

PUNTO DE PARTIDA: Ponte Nova (200 m)

ACCESO: A Ponte Nova está na estrada CA – 265 que vai de Arredondo a Soba

HORARIO: 4/5 horas                     DESNIVEL: 560 m de subidas / 200  m de baixadas.                        

DISTANCIA: 12 km                        DIFICULTADE: Media       TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Ponte Nova (200 m)      COTA MÁXIMA: Km. 7 do percorrido (675 m)

MAPA: I.G.N. – 59 – IV

SINOPSE: Esta ruta percorre o tramo alto do Valle de Asón por recunchos pintorescos que pasan desapercibidos desde a estrada, rematando ao pé da espectacular fervenza de Cailauga, nacemento do río Asón cunha caída vertical duns 70 m.

            Logo, ben merece a pena subir ata o alto do porto para seguir esta travesía e ver o nacemento e os espectaculares miradoiros do río Gándara.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Xunto a ponte que cruza o río, chamada Puente Nuevo comezamos a camiñar cruzando o río pola ponte para coller un camiño ao outro lado da ponte que baixa ata a beira do río polo que seguimos ata que atopamos outra ponte pola que cruzamos á outra marxe do río.

            O camiño que prosegue pola marxe esquerda, entre prados e cabanas, atravesando despois unha explanada de grandes faias e, logo dun anaco, volve a pasar á outra beira vadeando o río, para seguir entre unha espesa mancha de vexetación de espiños e abruños.

            Así saímos a un prado, dando vistas á dereita ao sonoro nacemento do Asón, a fervenza de Cailagua.

            Saímos á estrada, xunto a unha curva pechada desde a que, pola dereita pódese subir á parte superior da fervenza, por un estreito e aéreo carreiro (non sinalizado) que chega ata a emerxencia, da que depende do caudal a espectacularidade da caída da auga.

            Desde a curva, seguimos cara arriba camiñando uns dous quilómetros pola estrada. Existe algúns atallos para non seguir sempre polo asfalto pero son máis pendentes.

            De todas maneiras, unha vez arriba, temos que coller unha pista que sae entres dúas cabana de pedra en dirección a un poste metálico de electricidade. Na parte alta aparece outro cruce onde collemos á dereita. A partir deste punto, o resto da ruta é practicamente chan ata o seu remate.

            Logo duns metros por tramo recto de pista, temos un cruce xunto a unha casa situada na marxe esquerda do camiño. Collemos o ramal da dereita aparecendo en seguida outro que sae camiño do aparcadoiro dos Collados de Asón. Rexeitamos este ramal para seguir uns metros ata o seguinte cruce onde collemos o ramal da dereita que nos vai levar ata o nacemento do río Gándara, logo de pasar xunto a un muíño acondicionado para cría de troitas.

            O río Gándara nace debaixo das penas de El Becerral,  pasamos xunto ao seu nacemento para seguir por pista en dirección sur leste ata a estrada que vai á Gándara. Atravesamos esta estrada en dirección a Cañedo para coller o primeiro desvío á esquerda que nos leva á unha fermosa carballeira onde está o colexio público de Soba. Rematada esta, o camiño segue pasando xunto ao pazo de Los Zorrilla o que, unha vez sobordado, collemos á dereita nun cruce que no vai levar aos miradoiros colgados sobre o río Gándara.

            Desde estes miradoiros seguimos campo a través ou pola pista ata o Centro de Interpretación dos Collados de Asón, onde remata esta fermosa travesía.