03 07 19 Morra de Lechugales (Cabrales) Asturias (Liébana) Cantabria

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Macizo Oriental de Picos de Europa - (Ándara) - Cantabria

PUNTO DE PARTIDA: Jito de Escarandi

ACCESO: Na estrada N-634 en Arriondas coller a Cangas de Onís e Arenas de Cabrales. De aquí tomar a estrada a dereita que vai a Poncebos e Sotres. Unha vez aquí collemos a pista de Tresviso ata o Jito de Escarandi

HORARIO: De 6 a 7 horas.                         DESNIVEL: 1.144 m.

DIFICULTADE: Alta                     TIPO DE ROTA: Circular                      MAPA: I.G.N. – 56 – III

DESCRICIÓN DA ROTA: Partimos do Jito de Escarandi (1.290 m) en dirección sur por unha pista que pasa deixando a esquerda unha lomba para recorrer polo alto a Canal de la Jazuca primeiro e a das Vacas mais enriba, chegando ao Casetón de Ándara, (1.780 m) ao pé da cara oeste da Pica de Mancondiú.

            A pista agora sobe por encima do refuxio, deixando outra que rodea horizontalmente o Mancondiú pola súa base. En poucos minutos chegamos a Collada Aldea (1.807 m) na que existe unha pequena poza que serve de bebedeiro para o gando. De aquí parten varios camiños que se dirixen a distintas minas da zona. Nos collemos o que sube a esquerda (SE), onde vemos os restos de antigas boca-minas. O camiño , en bastante mal estado nesta parte, alcanza o alto da canle nunha explanada na que se atopan as ruínas dunha grande explotación mineira (Minas de la Providencia). Sen chegar a dar vista a esta explanada, viramos a dereita seguindo un camiño medio tallado nas rochas que delimita a canle polo oeste.

            O camiño zigzaguea agora por unha ampla lomba, unhas veces sobre rocha e outras por terreo herboso, en dirección a un cume de aspecto inaccesible que se ve no alto, o Castillo del Grajal. Cando chegamos baixo esta torre, o camiño torce a dereita para entrar nunha angosta canle (El Callejón), pola que se supera este obstáculo nunha serie de pequenos zigzag. Agora a lomba e moito mais ampla e cómoda de seguir, pois o camiño aínda está aquí ben conservado, ganando altura nun perfecto trazado.

            As vistas de todo o macizo son espléndidas, pero aínda van mellorar cando cheguemos o Collado del Mojón (2.208 m). Dende aquí baixamos cara as Arredondas para pasar polo cimbro deste mesmo nome. Dende a Horcada de las Arredondas, o camiño pasa uns poucos metros de travesía a vertente norte, salvando así os resaltes rochosos que evitan o paso directo a Loma del Grajal de Arriba. Seguimos esta lomba ata o seu remate e seguimos sen dificultade cara a Pica del Jierru.

            Este cume é o mais fácil de alcanzar dos catro que superan os 2.400 m. en Andara. A súa ascensión é das mais recomendables porque ademais da facilidade de acceso temos unha ampla e extraordinaria panorámica dende este cume.

            Proseguimos o camiño dende a cara SE de la Pica del Jierru, atravesando os pedreiros que caen ao Hoyo del Evangelista por debaixo da cristeiría de Picos del Jierru, seguindo unha característica travesa que conduce a Horcada de Lechugales (toda esta paté está sinalada con marcas de pintura vermella). Un pouco antes de chegar a Horcada de Lechugales, subimos a dereita para trepar por unha ancha vira herbosa que ascende diagonalmente cara a esquerda e gana unha brecha na cristeiría, entre os Picos del Jierru e a Morra, mirando xa a vertente da Canal de Lechugales onde atravesamos por unha serie de providenciais cornixas que existen baixo a crista no lado do Duje (NO) e nun aéreo trazado condúcennos ata un amplo cimbro ao pé mesmo do torreón final da Morra de Lechugales.

            Dende este cimbro, trepamos por unha especie de fisura cheminea, curta pero bastante vertical (III) que é o paso mais factible para acceder ao cume da Morra (2.444 m).

            Unha vez acadado este cume podemos facer a volta alcanzando as Traviesas del Grajal de Arriba  por debaixo de Jou Lleroso cara a Los Vallejucos, camiño agora por un pedreiro de extrema verticalidade moi difícil de transitar se nos fose polo sendeiro, que vai cara as espectaculares Traviesas de Grajal de Abajo, tallado na rocha do Castillo del Grajal, nunha parede case vertical a mais de cen metros sobre o nivel da antiga lagoa.

            Así chegamos as minas de Mazarrasa, numerosas ruínas de casetos e camiños que dan fe da gran actividade mineira que houbo neste lugar, para  descender por un zócalo rochoso armado con pedras cara ao Collado de Aldea. Unha vez neste cimbro, o camiño e o mesmo que trouxemos na ida.