03 06 22 Pico Tiatordos (Caso) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Concello de CasoParque Natural de Redes (Asturias) 

ACCESO: Dende Oviedo pola estrada que vai ao Porto de Tarna AS-17 ate o desvío máis aló de Arrobio que nos leva ate a aldea de Pendones. 

HORARIO: 7 - 8 horas.                               TIPO DE ROTA: Circular 

DESNIVEL: 1.169 m.                                DIFICULDADE: Alta 

MAPAS: I.G.N. – 54 – IV – 79 – II 

 

DESCRICIÓN DA ROTA: O comezo desta ascensión, a que moitos montañeiros consideran a montaña perfecta sitúase na aldea de Pendones, un conxunto de casas situadas nas abas da Sierra de Cárdenas.

            Empezamos por unha pista de terra bastante ancha con cercas e árbores a ambos lados, xunto a verdes pradairos que ocupan a marxe dereita do río Pendones. Tras camiñar pola pista pouco menos dun quilómetro, aparécennos dúas bifurcacións seguidas: a primeira antes de cruzar a canle do regato Rinavea e a segunda pouco despois de habelo cruzado, debendo tomar nos dous casos o camiño da dereita. De inmediato a pista pasa o  regato chamado La Llábana por unha sólida ponte (ponteFabaou Pontigo). Tras cruzar este regato chegamos a un terceiro cruce de camiños, collemos o da esquerda e subimos uns poucos metros xunto a canle do rego da Llámbana. Pouco despois aparece outra bifurcación, collemos a dereita deixando a beira do camiño a cabana de La Estaferia, con intención de recuperar o val do río Pendones. Mentres no novo tramo de subida aparécenos  un sendeiro a esquerda, pero nós debemos continuar cara a dereita por unha subida cómoda de escasa pendente e con unha paisaxe poboada de cerdeiras que  rematan nunha bagoada con dúas cabanas chamadas Sen de la Vara onde temos unha fonte cercana (La Teyona).

            Dende Sen de la Vara adentrámonos polo val do Pendonespor un tramo de pendente prolongada que nos  vai arrimando ao río, que chegado a el debemos cruzar por unha ponte e abandonar de inmediato o camiño principal internándonos por un pedregoso sendeiro que sae a esquerda. Este sendeiro vai dirixido cara a unha nova braña chamada LaPalombar. Máis tarde atravesamos unha pequena garganta tallada entre rochas calizas coñecida como La Foz de Palombar. Tras cruzar as paredes do desfiladeiro o sendeiro segue entre folgueiras e faias acadando axiña unha fonte de auga nunca mellor chamada, La Rica.

            A senda segue sen demora a subida e nuns pasos máis cruzamos unha nova braña chamada Pláganu  topando máis tarde con outra fonte (Las Fuentes), xa non falta moito para chegar a antesala do noso destino a braña de Tiatordos, verde pradería con cabanas asentadas sobre da   base da gran pena.

            Dende esta braña pode acometerse o ascenso ao cumio por diferentes camiños, aproveitando as numerosas sendas feitas polo gando. Este último tramo resulta custoso pola pendente a salvar (420 m.) pero sen grandes dificultades nin malos pasos.

            O camiño máis acostumado e o de acadar a divisoria dos concellos pola vertente esquerda e subir pola ladeira occidental. Xa no cumio podemos descansar un pouco e deleitarnos a mirada con as  montañas de Redes. Polo  norte están os cumes que limitan o val de Ponga: o Cordal de Carangues e máis lonxano o Cordal de Carnedes. Mirando ao poñente aparecen os  cumios das serras que bordean  a cabeceira do Nalón: Corteguero, Mermeja e Crespón. Cara a oriente aparecen os cumios da Serra de Beza e como telón de fondo os cumios calizos que forman o Macizo Occidental de Picos de Europa, aos nosos pés o fermoso val de Beleño.

A volta podemos facela polo mesmo camiño ou ben, unha vez na majada de Tiatordos, collemos en dirección este polo Cordal de Ponga. Un cómodo sendeiro nos leva polo cimbro ata o Cordal de Pandellanza no medio dun fermoso bosque de faias. O sendeiro ao remate cruza o cordal  por unha curta e forte pendente para deixarnos debaixo do pico Maciédome. Neste paraxe temos que coller cara a un refuxio que vemos en dirección oeste.

            Pasamos xunto a unha fonte situada no alto dos prados da braña de El Recuenco e vamos baixando cara ao refuxio onde temos outra fonte. O camiño e entretido, atravesando a Foz de Congostín, todo costa abaixo ata a aldea de Pendones.