03 07 25 Puertos de Agüería – Peña Rueda (Quirós) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Quirós (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Lindes (900 m)

ACCESO: Dende Oviedo pola N – 634 dirección a Coruña ata Trubia, onde enlaza con a AS – 228 a Santo Adriano e Caranga, para seguir pola AS – 229 a Bárzana e pouco despois desviarnos pola QU – 4 ata a aldea de Lindes.                                

HORARIO: 6/7 horas            DISTANCIA:

DESNIVÉIS: Puertos de Agüería – 730 m – Peña Rueda - 1.252 m                                          

DIFICULTADES: Puertos deAgüería - Baixo – Peña Rueda - Alto                        

TIPO DE RUTA: Puertos de Agüería - Ida e volta Peña Rueda – Circular           

MAPA: I.G.N. – 77 – IV

SINOPSE: Esta ruta atravesa por unha das paisaxes máis fermosas e espectaculares do macizo de Ubiña. A andaina sae a través de bosques de carballos e faias adentrándose logo polos Puertos de Agüería, entre acivros teixos e bidueiras. A este fermoso paraxe chámalle moita xente o xardín de Asturias.

            Aínda que as dúas rutas comparten os primeiros tramos de camiño, a ruta dos Puertos de Agüería podemos calificala de nivel baixo, dado que podemos dar a volta cando nos apeteza pero, a subida a Peña Rueda ten un esixente e forte desnivel a superar polo que é preciso estar habituado/a este tipo de ascensións.

 

DESCRICIÓN DA RUTA (Puertos de Agüería): A saída faise dende o aparcadoiro que hai xunto a igrexa de Lindes, cruzando entre as casas do lugar para coller un camiño que sobe con algún tramo empedrado. Pasamos un grupo de cadras chamadas La Coaña onde existe unha fonte co mesmo nome.

            Dende este lugar o camiño, por un momento, faise chan para logo acometer unha forte subida por El Carrilón, ata acadar unha zona máis suave onde existen un indicador. O camiño da esquerda vai aos Puertos de Agüería mentres que o de fronte lévanos a Peña Rueda.

            Agora o camiño faise máis cómodo pasando xunto a cabana de Las Escolmenas, que nos queda á nosa esquerda, sendo agora un fondo camiño enlamado en tempo de chuvias. Pouco despois temos un cruce de camiños onde seguimos subindo cara á dereita introducíndonos no bosque. Cruzamos un regato e seguimos agora por forte pendente ata un cimbro situado nun claro do bosque de faias (1.263 m).

            Despois de pasar este cimbro o camiño comeza a baixar entre o bosque ata o río de La Foz Grande que cruzamos para seguir polo fondo do desfiladeiro entre Peña Arpín e a mole de Peña Rueda. Unha vez que saímos do desfiladeiro, temos unha pequena baixada e cruzamos o río novamente para logo subir por marcado sendeiro que atravesa os derrubes de Peña Rueda.

            Estamos nunha zona de prados, entre acivros e algún teixo, tendo de fronte o pico Fontán que o veremos durante toda a camiñada. Paseniñamente vamos deixando o leito do río e as cabanas da braña de Cuadros a nosa esquerda chegando a braña de Llano La Carba.

            Por sendeiro seguimos subindo entre acivros para acadar unha nova braña, La Xinxeal dende a cal seguimos a media ladeira ata a braña de La Cardosina (1.545 m) onde aínda existen algunhas cabanas en pé.

            Si queremos podemos seguir subindo pola campeira situada por riba da braña por un sendeiro que nos leva ao amplo cimbro de Lingleo (1.632 m), punto máis alto deste recorrido. Dende este lugar pódese baixar a Ricabo ou Cortes pero, tamén podemos dar a volta para baixar polo mesmo camiño.

            PEÑA RUEDA: A saída faise dende o aparcadoiro que hai xunto a igrexa de Lindes, cruzando entre as casas do lugar para coller un camiño que sobe con algún tramo empedrado. Pasamos un grupo de cadras chamadas La Coaña onde existe unha fonte co mesmo nome.

            Dende este lugar o camiño, por un momento, faise chan para logo acometer unha forte subida por El Carrilón, ata acadar unha zona máis suave onde existen un indicador. O camiño da esquerda vai aos Puertos de Agüería mentres que o de fronte lévanos a Peña Rueda.

            Seguimos de fronte polo camiño que nos leva a Manín Fonderu (1.100 m) e logo subindo entre carballos e castiñeiros asoma a Cueva Grande. Chegamos a Manín Cimeru (1.260 m) cunha soa cabana e un freixo onde arranca a subida que atravesa pola Vallina Grande ata a plataforma superior onde temos dúas opcións. A máis directa sobe cara ao noroeste para seguir polo Cuchillar ata o cume, pero a que mellores vistas nos depara é a que sobe xunto a crista meridional que serve de balcón durante case toda a subida sobre os Puertos de Agüería.

            Pasamos xunto ao Vaso de Rueda, curioso accidente xeolóxico de forma de vaso dun metro de diámetro. Logo dun entretido camiñar, chegamos ao cume de Peña Rueda (2.152 m) dende o cal temos extensas vistas cara aos catro puntos cardinais.

            Baixando logo en dirección noroeste, chegamos ao sendeiro que sobe dende os Puertos de Agüería o cal collemos en baixada ata o cimbro de Lingleo. Logo seguimos a ruta antes descrita, solo que en baixada.