03 09 26 Camiño da Mesa (Porto de San Lorenzo – Torrestío) (Teverga e Somiedo) Asturia

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Teverga, Somiedo (Asturias) - San Emiliano (León)   

ACCESO: En Cornellanacollemos a estrada de Cangas de Narcea ata Puente San Martín e aquí en dirección ao Puerto de Somiedo. En La Riera desviámonos cara a o Puerto de San Lorenzo onde comezamos a rota.

HORARIO: 6 – 7 horas                        

DESNIVEL: 569 m de subidas e 498 m de baixadas aprox.

DIFICULTADE: Media   TIPO DE ROTA: Travesía

SINOPSE: O Camiño da Mesa é un de tantos abertos na antigüidade que comunicaban Castela con Asturias a través da Cordilleira Cantábrica. Seguía a liña do cordal para así evitar as zoas baixas mais difíciles de transitar e mais perigosas.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Saímos do Puerto de San Lorenzo (1.349 m) subindo por cómoda pista en dirección sur, nunha hora chegamos a braña de Piedra Xueves (1.560 m) onde existía unha venta. A partir de aquí o camiño segue sempre en dirección sur leste para acercarnos ao cimbro de Xuego la Bola (1.623 m). O Michu quédanos a dereita do camiño e pouco mais adiante temos a braña de La Corra onde faremos un pequenos descanso.

            Pasamos as ladeiras de Peña Michu e pola liña de cumes cruzando Sedernia chegamos ao chamado Alto del Cuerno (1.642 m). Logo entre unha paraxe de bidueiros con fonte preta, consérvase parte da calzada romana. Afrontamos agora unha subida pola ladeira do cume Peña Negra en dirección a paraxe Vallina del Mosquito dende a que continuamos pola liña de cumes ata as proximidades do Alto de la Cuguruza. Comezamos a baixar suavemente pola vertente esquerda do val de Saliencia en terras somedanas e rexeitamos os sendeiros que saen tanto a esquerda como a dereita.

            Así chegamos ao Puerto de la Magdalena (1.550 m), a esquerda quédanos o val do mesmo nome polo que faremos unha parada para admirar este paraxe. Neste lugar sitúase a divisoria entre as terras de Teverga e Somiedo.

            Camiñamos agora polas ladeiras de Alto Cumales e o camiño prosigue pola liña de cumes. Vamos deixando detrás as terras teverganas para entrar nas somedanas. Agora en baixada con piornos grandes ao noso lado o camiño segue polo val de Arroxo para chegar a braña de La Mesa que pertence aos veciños de Saliencia. Por sendeiro ben marcado proseguimos pola Veiga del Muñón ata o Puerto de la Mesa ou Collada Muñón (1.768 m).

            A dereita temos o cume de Los Bígaros, chamado así pola cantidade destes fósiles que se atopan nesta montaña.

            Desde este cimbro todo o camiño que nos queda polo Valle de las Partidas e costa abaixo ata Torrestío (1.370 m).