03 12 06 Revoqueira – Mon – Pesoz (San Martín de Oscos e Pesoz) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN:  Concellos de San Martín de Oscos e Pesoz (Asturias)  

ACCESO: A San Martín chégase pola estrada AS - 11 que sobe dende A Veiga ó Porto da Garganta. Logo aquí seguimos en dirección Vilanova de Oscos pola AS - 13 ata San Martín onde temos que coller a esquerda por unha pista local  que nos vai levar a aldea de Revoqueira, onde comeza esta rota.

HORARIO: De 4 a 5 horas                        DESNIVEL: 560 m de baixada e 150 m de subida.

DIFICULTADE: Baixa            DISTANCIA: 12 km               TIPO DE ROTA: Travesía

 

DESCRICIÓN DA ROTA: En Revoqueira comeza esta camiñada, paralela o río Ferreira pero bastante por riba del porque nesta parte o relevo do chan faino practicamente inaccesible. O camiño, primeiro pista, pasa a ser un sendeiro de cómodo andar, con fermosas vistas do río e as aldeas que temos enfronte. Vamos andando en dirección sur - leste, que será mais ou menos durante todo o percorrido, para chegar a aldea de Mon onde existen as ruínas dun vello palacio.

            Seguimos o camiño que sae polo fondo desta aldea case deshabitada para tomar un sendeiro entre bosques de castiñeiros que nos vai seguir deleitando con fermosas vistas sobre do río e os acantilados que o rodean. Atopamos unha cabana nun prado e unha especie de miradoiro, o cal non está demais achegarnos, para botar unha ollada a paisaxe que temos nun amplo horizonte con o río Ahío despois de recibir as augas do Ferreira. Logo comezamos a baixada, bastante marcada en dirección ao mazo de Mon. Este fermoso paraxe xunto ao río, vese ensombrecido pola pésima reconstrución do mazo, con cuberta a base de chapas de “uralita” que o fan bastante desagradable. Aínda queda nesta antiga edificación os restos duns xeradores que daban electricidade as aldeas do entorno.

Dende este sitio, un camiño cruza o río por unha precaria ponte de madeira mais nós debemos volver polo mesmo sendeiro ata unha curva próxima. Aquí seguimos de fronte atravesando un tramo de monte bastante cerrado, logo o sendeiro pasa a ser unha chan e cómoda pista a cal seguiremos un bo tramo.

            Debemos ir pendentes porque mais adiante temos que abandonar a pista e baixar por un sendeiro case imperceptible que sae a nosa esquerda. Pasamos xunto a unhas casas abandonadas chamadas El Molino, o sendeiro e do mais fermoso neste tramo, rodeado de castiñeiros e árbores frondosas, fan agradable o noso camiñar. Máis adiante atopamos outro núcleo rural chamado Sequeiros e tamén abandonado para proseguir faldreando a Loma de Sequeiros e baixar o río Agüeira o cal temos que cruzar por unha ponte de formigón.

            Dende esta ponte, todo o andar que nos queda e costa arriba pero xa queda moi pouca distancia para acadar as primeiras casas de Pesoz.