25 02 15 MESÓN CUEVAS - EL LLANÓN - ROFRENO - FELECHOSA - EL PINO

 

PUNTO DE PARTIDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Aller (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Mesón Cuevas (800 m)

ACCESO: O Mesón Cuevas está situado na estrada A – 112 que sobe ao porto de San Isidro a 3,5 km de Felechosa.

HORARIO: 5 h                                DESNIVEL: 460 m              DISTANCIA: 12 km

DIFICULTADE: Baixa                       TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: El Pino (630 m)      COTA MÁXIMA: Braña Casa Vieya (1.120 m)

MAPA: I.G.N. – 79 – I

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos do aparcadoiro do Mesón Cuevas camiñando uns metros pola estrada en dirección a S. Isidro para coller o primeiro desvío á esquerda xunto as derradeiras casas de Cuevas. Esta pista sobe en dirección noroeste internándose no val de Los Cuadrazos. Cando levamos aproximadamente quilómetro e medio de subida cruzamos pola Collá de Cellero (1.000 m) a un novo val onde se asentan a braña de La Casa Vieya (1.120 m) logo da cal aparece a fonte do mesmo nome. 

            Logo de pasar a fonte temos un tramo sen apenas desniveis que nos leva ao Collado Navalloz (1.083 m) que da paso ao bosque de Taio polo que baixamos para cruzar o rego Cuervo. Agora cambiamos o sentido da marcha para dirixirnos cara ao noroeste polo carreiro que nos leva á braña de El Llanón (1.060 m) e máis adiante a Rofreno (980 m).

            Camiñamos na mesma dirección ao longo de Valle de la Carbayosa con o bosque Taio á esquerda e a serra á dereita. Avanzamos con o rego Cuervo á nosa esquerda ata o remate do bosque Taio onde o carreiro xira á esquerda ata entroncar coa pista (820m) que sobe de Felechosa.

            Collemos esta cómoda pista con o monte á nosa esquerda pasando varias brañas, entre elas La Calavera. Máis abaixo, esta pista entronca con a que ven desde Cuevas a Felechosa. Seguimos á dereita onde axiña aparecen as primeiras casas de Felechosa, pasamos xunto á capela e camiñamos  polo centro desta poboación para atravesar a estrada xeral e coller a rúa que cruza por unha ponte o río de San Isidro.          Logo de cruzar o río temos unha bifurcación onde collemos o ramal da dereita para seguir a Senda Verde de Foyoso. Despois de camiñar un quilómetro chegamos a outra ponte pola que atravesamos o río Pino collendo a pista á  dereita que nos leva a El Pino.