07 10 21 Pendones – Begabaxu – Maciédome (Caso) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Concello de Caso (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Pendones (780 m.)

ACCESO: A este lugar chégase dende La Ponticiella, lugar situado na beira da estrada AS – 17 AvilésPuerto de Tarna.

HORARIO: 5/7 horas                     DESNIVEIS: 320/780/1.120 m.           DISTANCIAS: 13/16/19 km.

DIFICULTADE: Baixa/Media/Alta  TIPO DE ROTA: Ida e volta / Circular  MAPA: I.G.N. – 79 – II

SINOPSE: O bosque de Vega Baxu e a formación vexetal de maior superficie no Parque Natural de Redes, instalándose preferentemente sobre as ladeiras orientadas ao norte, ou naqueles vales cerrados que reteñen a alta humidade atmosférica que require esta especie.

            Posiblemente sexa o faial máis fermoso de todos os de Asturias. A espesura das súas ramaxes e a súa disposición horizontal evitan a entrada de luz solar, dando lugar a un sotobosque extraordinariamente despexado, case sen matueiros e, polo tanto, de fácil e pracenteiro andar. Durante o outono, a coloración roxa das súas follas tingue os montes do parque e, sen embargo, a chegada da primavera explota nun verde vizoso que permite distinguir facilmente a especie.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: O percorrido comeza collendo na entrada de Pendones (780 m.) o camiño de formigón que baixa cara ao río. Cruzando este, o itinerario continua pola pista que da servicio as derradeiras casas da aldea, ata acadar o cimbro polo que se accede ao val de Corralín, moi cerca das cabanas de Gasgasa (900 m.). Este é sen dúbida, o tramo máis pendente de todo o percorrido ata Vega Baxu.

            Dende Gasgasa proseguimos a andaina entre faias centenarias subindo lixeiramente. A dereita podemos divisar durante un corto tramo espléndidas vistas do Nalón e as alturas do Cordal de Fuentes. O camiño segue a través das brañas de Fallaza (950 m.) e Texera (1.000 m.) cerca desta última atópase o arranque do sendeiro que habitualmente se usa para as ascensións ao Cordal de Ponga e o pico Tiatordos.

            Algo máis aló da Texera, a subida faise máis pronunciada e a pista penetra nas fonduras do faial. O camiño sigue ata a braña de Vega Baxu (1.100 m.), ampla campeira na que é frecuente atopar rabaños de cervos pacendo.

            Na entrada desta veiga remata o camiño, pero como hai tempo de sobra, podemos cruzar a braña en toda a súa lonxitude onde no final, ao outro lado do río, temos unha fonte. Tamén podemos seguir un sendeiro marcado con sinais de logo percorrido e mergullarnos no frondoso faial. Logo a volta facémola seguindo o mesmo camiño da ida.

            A opción media desta rota decídese precisamente pouco despois de Gasgasa, onde temos unha cabana, Pandevilla, situada no alto dun prado. Logo de pasar o cercado desta finca temos un camiño a esquerda que sobe entre frondoso bosque pasando xunto a cabana. Este sendeiro vainos levando facendo reviravoltas ata outra cabana situada máis enriba chamada La Llongar. Axiña vamos saíndo do bosque ao ir gañando altura.

            O sendeiro vai perdendo pendente a medida que nos achegamos a La Llana Fresnu, un prado con unha solitaria cabana que temos que atravesar cara arriba. Dende este lugar xa podemos ver de fronte a mole calcária sobresaíndo por riba do bosque o pico Maciédome.

            O camiño sen fortes pendentes deposítanos no cimbro Collado Llagu (1.560 m.) onde existen unhas cantas cabanas derruídas. Dende este lugar podemos subir ao pico Maciédome (1.899 m.) superando un forte desnivel de 340 m. pola súa cara noroeste seguindo a crista con moito coidado, tendo que facer uso das mans en contadas ocasións. Esta montaña chamada tamén La Pandona constitúe un excelente miradoiro que nos amosa fermosas panorámicas de grande beleza en todas direccións, dentro dun marco xeográfico enrebesgado e salvaxe.

            Que decida non subir a esta montaña, dende o cimbro de Collado Llagu, pode seguir o sendeiro que comeza a baixar ao longo dun prado pasando xunto a unha fonte. Logo a baixada acentúase en dirección a braña Recuencu (1.370 m.), espaciosa campeira e remanso de paz. Na braña podemos distinguir unha cabana especialmente restaurada, que fai de refuxio de cazadores xunto a cal temos que pasar. O camiño, sen perda, intérnase nun frondoso faial pasando xunta a unha cova e cruzando logo pola Foz del Congostín (1.150 m.).

            Cruzamos a vedraña ponte do Congostín evitando todos os desvíos que nos aparecen a dereita, andamos por un camiño carreteiro ao longo do val do río Pendones, e sen outras complicacións, chegamos a onde comezamos a andaina.