07 11 18 Sierra de Gorrión – Pico Mayor (Quirós) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Quirós (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Área recreativa de Las Agüeras

ACCESO: A Las Agüeras chégase pola estrada AS – 229 TrubiaPola de Lena

HORARIO: 5/6 horas                               DESNIVEL: 660/854 m.             DISTANCIA: 12 km.

DIFICULTADE: Baixa – Media TIPO DE ROTA: Circular             MAPAS: I.G.N. – 52 – III – IV

SINOPSE: A Serra de Gorrión encravada no concello de Quirós inclúese no espacio meridional do Aramo constituíndo en sí un abrupto macizo calcáreo que se alza impoñente sobre a marxe esquerda do río Quirós. Aos seus pés sitúase o encoro de Valdemurrio. Esta serra que se estende de norte a sur, preguease a si mesma por vertixinosas canles por riba das cales están os picos Granda Mullía, Contruteiro, Pico Mayor e a Peña Los Reales.

            A vertente norte é sumamente escarpada, debuxada por pendentes corredores colmados de covas. Son coñecidas as de Cotutres, Canal Seca e Cueva Canal. Nesta última perdeu a vida nun desgraciado accidente o espeleólogo Tito Bustillo.  

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Na beira do encoro de Valdemurrio sitúase a área recreativa  de Las Agüeras dende a cal collemos a estrada que cruza o río cara a Villaorille (380 m.). Dende esta aldea arrancan dous camiños cara ao leste. O máis alto vai directo a Toriezo sucando os contrafortes da chamada Sierra Alguera. O segundo de maior traza diríxese a Villaorille a un nivel superior do río, tallado parcialmente na rochosa ladeira da pena.

            Dende Toriezo (560 m.), ímonos cara ao sur pola pista de Villagandú. De seguida temos que abandonala collendo novo rumbo a dereita parcialmente sinalado cara ao zócalo da cordilleira. Por alí seguimos un falso chan ata outra bifurcación. Collemos o camiño da esquerda que prosegue empedrado cara as brañas de altura. Zigzaguea cara arriba por debaixo de abeleiras pasando máis adiante polo cimbro de Cotutres. O camiño segue con rumbo ao medio día deparándonos boas panorámicas da paisaxe quirosana. De repente aparece diante de nós a braña de Chandeneva (900 m.) formada por un núcleo de cadras e praderías abandonadas que cercan unha destacada agulla calcárea denominada a Bérgola, a partir da cal o camiño perde parte da súa traza dando un brusco xiro a dereita. Con o novo cambio de rumbo, o camiño empínase ostensiblemente ata acadar o manancial de Fonte Mayor, tamén chamada Fuente Carril. Seguimos a marcha en dirección ao amplo cimbro Quintaneiru (1.040 m.) polo que chegamos a braña do mesmo nome que da paso a contigua Mortera de Caranga.

            Despois acometemos por sendeiro debuxado na ladeira meridional que de maneira esguellada avanza ao poñente en busca dunha ampla canle. Superámola ata coroar unha pequena carballeira ao remate da cal chegamos ao cimbro de Ordiales (1.200 m.). Dirixímonos a esquerda cara ao Picu Mayor (1.234 m.), configurado por unha afiada agulla. Despois dunha curta aproximación e fácil trepada acadamos o seu cume, o cal presume de mostrar a panorámica máis sobresaínte da Serra do Aramo. O horizonte esténdese cara a Sobia e todo o val de Quirós. Xusto na vertical do pico, temos o encoro de Valdemurrio cunha separación de mil metros de verticalidade.

            A baixada podemos facela cara a próxima braña de Enfilera, onde comeza un vertixinoso val, no remate do cal, o sendeiro pasa por un pequeno túnel que cruza a rocha para reaparecer por riba do encoro de maneira un tanto incrible. O túnel foi feito hai varios séculos polos campesiños para facilitar o acceso as brañas.

            De seguida chegamos a Villaorille, onde temos unha fonte, cruzamos a ponte para desembocar na área recreativa de Las Agüeras, onde agarda o autobús.