Acordos

 

 

HISTORIA


ACORDOS


NORMATIVA ELECTORAL

      O/A Presidente/a e a Xunta Directiva das Entidades Deportivas, elixiranse na Asemblea Xeral Extraordinaria mediante sufraxio libre, igual e secreto dos socios de número con dereito a voto, en candidaturas cerradas e completas, debendo de figurar nas mesmas, a lista ou relación dos seus compoñentes coa designación dos cargos que cada un deles vai ostentar, debendo de estar formada por un número de membros non inferior a cinco nin superior a quince, o fronte da cal estará o Presidente da que forma parte, ademais de un Secretario e un Tesoureiro, os Vocais que a Entidade Deportiva crea necesarios ata un máximo de quince.

1. SUPOSTO NO QUE TERÁ LUGAR A CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS

      As Entidades Deportivas procederán a convocatoria de eleccións a Presidencia e Xunta Directiva, cando se produzan as seguintes causas

    1.    Por expiración do prazo de mandato da Xunta Directiva.
    2.    Cando por dimisión, renuncias, morte ou incapacidade física, quedase a Xunta Directiva reducida ou modificada, de forma que non poida exercer debidamente as súas funcións.
    3.    Por dimisión, renuncia ou incapacidade do Presidente que encabezara a candidatura.
    4.    Por voto de censura ó Presidente ou Xunta Directiva, aprobado na Asemblea Xeral Extraordinaria por maioría de dous tercios. A Asemblea será convocada a tal efecto e a petición de, polo menos, o vintecinco por cento dos seus compoñentes con dereito a voto.

2. CONVOCATORIA

      A convocatoria de eleccións a Presidente/a e Xunta Directiva acórdase na Asemblea Xeral de Socios, reunida con carácter extraordinario.
      A estes efectos a Xunta Directiva mediante comunicación a todos os integrantes da Asemblea Xeral, efectuada de modo que se consiga a necesaria difusión e coñecemento, convocarase a mencionada Asemblea, especificándose na convocatoria como puntos da orde do día os seguintes:

2.1.- ACORDO DE CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS PARA PRESIDENTE E XUNTA DIRECTIVA

2.2.- CALENDARIO ELECTORAL

    1.    Exposición do Censo Electoral.
    2.    Reclamación ó Censo Electoral.
    3.    Prazo de presentación de Candidaturas.
    4.    Prazo de estudio e aceptación das Candidaturas.
    5.    Prazo de divulgación de Candidaturas.
    6.    Prazo de presentación e impugnación as Candidaturas.
    7.    Prazo para resolución de impugnación contra as Candidaturas.
    8.    Data da votación (Asemblea Xeral Extraordinaria) con expresión do lugar de celebración e hora do seu comezo e remate, período durante o cal se pode exercer o voto.
    9.    Prazo de presentación de impugnación contra as votacións e o escrutinio.
    10.  Prazo de resolución de impugnación e proclamación de candidaturas válidas.


2.3.- ELECCIÓN DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL SOCIAL

      A Asemblea Xeral Extraordinaria da Entidade Deportiva acordan a celebración de eleccións e elixirán entre os asembleístas que non se presenten como candidatos a ningún dos cargos directivos, a seis socios que integrarán a Xunta Electoral Social, dos cales tres terán carácter de titulares de dita Xunta Electoral e os outros tres de suplentes dos anteriores. Si algún deles, despois do seu nomeamento como membros da Xunta Electoral Social, e antes do prazo de presentación de candidaturas, decidira integrarse en algunha das candidaturas, cesará automaticamente na súa condición de membro de dita Xunta, sendo substituído polo primeiro dos substitutos elixidos.
A Xunta Electoral será a encargada de velar polos estrictos cumprimentos do calendario e normativa electoral, e dicir, sobre calquera cuestión que afecte directamente a celebración das eleccións e resultado das mesmas, admitindo e proclamando as candidaturas, e resolvendo no seu caso todas as reclamacións e impugnacións que se presenten contra o censo, prazos, candidaturas, candidatos, etc., así como as que se orixinen no curso das votacións.

2.4.- ELECCIÓNS E NOMEAMENTO DOS COMPOÑENTES DA MESA ELECTORAL

      Unha hora antes da prevista para o comezo da Asemblea Xeral Extraordinaria, na que terá lugar a votación para elixir os cargos directivos da Entidade Deportiva, constituirase a Mesa Electoral, previamente elixida na Asemblea anterior na que se convocaron as eleccións.

1. Composición da Mesa Electoral

      Na asemblea na que se acorde a convocatoria de eleccións elixiranse tres socios para integrar a Mesa Electoral: un Presidente (o de maior idade), un Secretario (o de menor idade) e un Vocal.
Poden estar presentes, co obxecto de supervisar o desenvolvemento da eleccións, un Representante por cada unha das candidaturas que se presenten as eleccións. A dita representación estará debidamente acreditada por quen encabece a candidatura.

2. Función da Mesa Electoral

    1.    Comprobar a identidade dos votantes
    2.    Recoller as papeletas de voto e depositalas na urna preparada ó efecto, que deberá de estar debidamente cerrada e lacrada.
    3.    Redactar, por medio do seu Secretario, a Acta correspondente, na que deberá de constar o número de electores, votos válidos emitidos, votos nulos, e resultado da votación e as incidencias ou reclamacións que se produzan.
    4.    Remitir copia de acta, dentro das 24 horas seguintes a Xunta Electoral Social.

2.5.- TRANSFORMACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA EN XUNTA XESTORA

      Os membros da Xunta Directiva converteranse en Xunta Xestora na Asemblea Xeral Extraordinaria na que se convoquen as eleccións.

3. CANDIDATOS

      Os asembleístas que desexen presentar as súas candidaturas a Presidente e Xunta Directiva da Entidade Deportiva, deberán de reunir os seguintes requisitos:

    1.    Ser español
    2.    Maior de idade
    3.    Atoparanse en pleno uso dos dereitos civís e non estar suxeitos a sanción disciplinaria deportiva que o inhabilite.
    4.    Ser Socio da Entidade Deportiva, con antigüidade mínima ininterrompida de un ano.
    5.    Presentar a candidatura con escrito de aceptación de todos os candidatos integrados na mesma.

      As candidaturas presentaranse, dentro do prazo establecido no Calendario Electoral, ante a Xunta Electoral Social en listas cerradas e completas, especificando os cargos para os que se presenta cada candidato.

4. ELECTORES

      Nas eleccións a Xunta Directiva da Entidade Deportiva, teñen dereito a voto os socios de número, maiores de 18 anos que estean o corrente das súas obrigas sociais.

5. VOTACIÓNS

    1.    No caso de existir unha soa candidatura que reúna todos os requisitos establecidos, non procederá a constitución da Asemblea e os seus compoñentes serán proclamados pola Xunta Electoral como membros da nova Xunta Directiva.
    2.    Se foran máis de unha as candidaturas válidas, celebraranse as eleccións da forma prevista.
    3.    As votacións efectuaranse mediante sufraxio persoal, directo e secreto dos socios con dereito a voto.
    4.    As votacións realizaranse en papeletas de tamaño único facilitadas pola Xunta Electoral Social.
    5.    Sendo as candidaturas cerradas e completas, os electores deberán de elixir calquera delas na súa totalidade, anulándose os votos que non se axusten a esta determinación.
    6.    O voto é persoal e intrasfirible, non permitíndose o voto por correo.
    7.    Os integrantes da Xunta Electoral Social e da Mesa Electoral, exercitarán o seu dereito ó voto, si o tiveran, en último lugar.
    8.    Rematadas as votacións, a Mesa procederá o reconto dos votos en presencia dos representantes da cada unha das candidaturas que fixeron uso deste dereito.
O Presidente da Mesa dará lectura ó resultado da votación, resultando elixida a candidatura que acade maior número de votos, e procederase pola Mesa a proclamación dos elixidos. En caso de empate na votación, a Xunta Electoral Social convocará unha nova votación sinalando o lugar, día e hora, entre as candidaturas que produciran empate.
    9.    Do desenvolvemento da Asemblea levantarase Acta polo Secretario da Mesa Electoral na que se recollerán as incidencias que se produzan, o desenrolo da votación e resultado da mesma con expresión de todos os votos emitidos (válidos, nulos i en branco).

6. PROCLAMACIÓN

      Rematadas as votacións e, no seu caso, os prazos de impugnación e resolución das mesmas antes ditos, expoñeranse na sede da Sociedade Deportiva, a proclamación da candidatura que resultase gañadora.

7. DURACIÓN E EXERCICIO DO MANDATO

      A duración do mandato da Xunta Directiva electa será de catro anos dende a súa proclamación, de non producirse ningún dos supostos previstos no punto 1 da presente Normativa Electoral, podendo presentarse todos os membros a súa reelección, conxuntamente ou por separado en outras candidaturas.
      Durante o mandato da Xunta Directiva, o Presidente, en caso de vacantes por dimisión sempre que non entre en contradicción co punto 1.B anterior, pode nomear substitutos que deberán ser ratificados pola Asemblea Xeral, podéndose ampliar ou diminuír o número dos seus membros, sempre dentro do límite legal establecido por Lei 11/1997, do 22 de Agosto, Xeral do Deporte de Galicia, e previa aprobación da Asemblea Xeral.
      En todo o previsto na presente Normativa, estará disposto na Lei 11/1997, do 22 de Agosto, Xeral do Deporte de Galicia.


COMPOÑENTES DA XUNTA DIRECTIVA


PRESIDENTE: Xoán Antón Monasterio López

SECRETARIATeresa Díaz Estévez

TESOUREIRA: Francisca Moreno Cazorla

VOGALFernando Martínez Castrillón

VOGALFrancisco Fernández García

VOGALNuria Fernández Miranda

VOGAL: Valentín Riopedre Trobo

VOGALMarcos Méndez López

VOGAL: Sandra Rodríguez Rozas