22 05 21 RUTA DE LA ESCRITA (curta) ALMURFE - BELMONTE DE MIRANDA
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Belmonte de Miranda (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: Almurfe (380 m)
ACCESO: Almurfe está no quilómetro 23 da estrada AS -227 que sobe ao porto de Somiedo
HORARIO: 4/5 horas DESNIVÉIS: 550 m de subidas / 725 m de baixadas DISTANCIA: 16 km
DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Belmonte de Miranda (220 m)
COTA MÁXIMA: No quilómetro 4,5 (400 m)
MAPAS: I.G.N. – 51 – II – IV
SINOPSE: Este é o camiño tradicional do val do río Somiedo que o atravesa de Sur a Norte. Parte de Santa María del Puerto para rematar en Pravia. Este sendeiro de gran recorrido, aporta ao viaxeiro unha grande bagaxe histórico cultural do territorio, así como un amplo catálogo de paisaxes que colgan das súas montañas. Este camiño constitúe en si un dos valores máis destacados do patrimonio viario rexional.
A Vía Escrita ten unha orixe incerta, non obstante, non parece construída sobre un recorrido migratorio de animais, máis ben a súa definición parece estar feita polo home prehistórico.
DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos de Almurfe cruzando o río pola ponte, para xirar á esquerda e deixar axiña este barrio. Logo pasamos por outra ponte o rego de La Bustariega chegando a unha pista onde xiramos á esquerda en busca do río.
Antes de chegar á ponte temos que elixir entre saír á estrada e seguir por ela ata Agüerina ou abandonar a pista para seguir por un camiño que sae á dereita e vai xunto ao río que nos conduce á entrada de Agüera.
A saída de Agüera comezamos unha lixeira subida que nos leva a unha pequena fenda entre as rochas onde hai unha cabana. Aos poucos metros atopamos un derrube o que temos que bordear polo monte ou atravesalo con moito coidado. Pasado este derrube baixamos ata que aparece diante de nosoutros un claro polo que podemos ver unha casa, xa en Agüerina.
No cruce collemos o camiño da dereita para seguir polo da esquerda que discorre pola parte baixa das casas. Axiña o camiño se interna nun souto onde de vez en cando os claros permítennos contemplar a outra aba do val. Pouco despois atoparémonos con un pequeno rego onde as cristalinas augas forman pequenas pozas e fervenzas.
A ruta segue xunta a algúns enormes castiñeiros ata atopar a estrada que sobe a Montovo, aquí debemos xirar á dereita e seguir pola estrada uns metros ata atopar un carreiro que sae pola esquerda e que en, en lixeira subida polo medio dun espeso bosque, lévanos a un pequeno teso onde podemos albiscar o val do Pigüeña. Desde este lugar a ruta comeza a baixar ata a beira do río para seguir polo bosque, levando pola esquerda un prado grande. Axiña o camiño da un xiro á dereita e baixa a un regato que atravesamos por unha pequena ponte de madeira.
Iniciamos unha lixeira subida que nos conduce á estrada de Ondes e, unha vez nela debemos continuar cara á dereita subindo lixeiramente e coller o primeiro desvío que sae á esquerda. A partir deste punto o camiño volve a internarse no frondoso bosque estando tallado na ladeira do monte, seguindo entre subidas e baixadas cara ao norte. De seguido atopamos un camiño á esquerda que debemos seguir para facer o mesmo no seguinte cruce. Logo dun treito chegamos a un lugar onde temos un prado á esquerda e outro á dereita. Seguimos de fronte sen saír do camiño para chegar axiña a unha pista máis ancha a cal collemos cara á esquerda e en baixada lévanos xunto ao río.
A ruta continua cara a Belmonte pegada a un grande laxe de pedra e acompañada polo bosque de ribeira, onde pradairos, amieiros e castiñeiros conforman unha fermosa paisaxe. Pasamos xunto a unha cabana chegando a un sitio onde parece que camiñamos por unha canle de auga, xa que levamos á esquerda unha fileira de pedra á maneira de muro. Así chegamos a un grande prado que ten unha cabana e onde o camiño é máis ancho; aquí entronca co camiño que sobe a Ondes, que sae pola nosa dereita. Desde aquí a Belmonte apenas quedan dous quilómetros onde damos por rematada esta travesía.