11 06 19 Illas Cies (Pontevedra)
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DE RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PEF EN CASTELÁN |
Parque Natural Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
Está composto por catro arquipélagos: Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes que pertencen as provincias de Pontevedra e A Coruña da Comunidade Galega.
Comprende os concellos de Vigo, Bueu, Vilagarcía de Arousa e Ribeira, tendo unha superficie de 8.333 hectáreas das cales 1.194,8 son terrestres e 7.285,2 mariñas.
A data da creación do Parque Natural foi o 1 de Xullo de 2.002. Cíes, Ons e Sálvora pertencen, tamén, a tres Lugares de Importancia Comunitaria (LIC). Zona OSPAR (2008)
Os arquipélagos de Cies, Ons, Sálvora, Cortegada e o ámbito mariño que os rodean forman a contrastada paisaxe verde azulada que caracteriza ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Somerxidos entre as súas augas consérvanse algúns dos máis representativos exemplos de ecosistemas mariños atlánticos, os cales atesouran unha gran riqueza biolóxica. A súa localización, fronte ás Rías Baixas, crea unha barreira natural ante o océano que acentúa o ambiente estuárico das rías. No medio terrestre destacan os sistemas dunares, os acantilados e as matogueiras de toxo e breixo. No medio mariño con fondos rochosos son importantes as comunidades dos bosques de algas pardas (Sacorhiza polyschides e Laminaria spp) que dan acubillo a unha gran variedade de seres vivos. As correntes mariñas depositan as areas nas zonas máis resgardadas que xunto cos importantes fondos de Mäerl (conformados por restos de algas calcáreas) crean uns medios de substrato móbil ao que se deben adaptar os seres vivos.
O arquipélago das Cíes está situado na entrada da ría de Vigo en disposición norte – sur. Está formado por tres illas: Norte ou Monteagudo, do Medio ou do Farol e Sur ou San Martiño. Compleméntanse cunha serie de illotes menores. As dúas illas principais, Monte Faro e Monte Agudo, están unidas por unha barreira de area, resultado da acción das correntes mariñas.
A costa oeste das illas Cíes caracterízase pola altitude e dureza dos cantís, polo contrario, a costa oeste defínese polas ladeiras que baixan ata as praias de fina area, o que permite gozar dunha paisaxe paradisíaca e chea de contrastes.
O acceso as Illas Cíes é por transporte marítimo dende Vigo, Baiona e Cangas do Morrazo.
Dando unha volta, na illa de Monteagudo atoparemos o sistema dunar de Figueiras – Mixueiro. Dende él chégase ao Faro de Monteagudo ou de O Peito, onde existe un observatorio de aves.
Na illa do Farol atópase a formación sedimentaria da praia de Rodas, a máis fermosa do mundo segundo os entendidos, que une as dúas illas, e o lago de Os Nenos.
Cara ao sur chégase ao observatorio de aves de Alto da Campá e ao Faro de Cíes. Preto de aquí está o Faro da Porta, cerca do poboado celta de Castro das Hortas, vestixio dunha antiga poboación céltica das Illas Cíes, de grande interese arqueolóxico.
Tamén se conservan os restos dun mosteiro fundado no Reino Galaico – Suevo, actualmente sede do Centro de Interpretación. En toda a zoa se pode gozar das praias de cristalinas e tranquilas augas.
A flora e fauna das Illas Cíes contan coas dúas maiores colonias de gaivota augéntea e cormorán moñudo. Tamén se atopan outras especies de aves como o alcatraz, colimbo ártico, pardela pichoneta, gaivota reidora e arao común.
Entre a fauna terrestre, podemos citar o azor ratonero, perdiz bermella, vencello real, chova piquirroxa, o urizo e a lontra. Tamén hai que destacar reptiles como o escáncer de cinco dedos, lagarto arnal, lagartixas e pequenas cobras inofensivas.
A maior parte do chan está composta por matueira de toxo, acompañado de estevas e abruños. Tamén podemos ver pino marítimo, pino de Monterrei e eucaliptos. A especie Camariña, moi escasa, ten aquí unha das poboacións máis importantes de Galicia.
No espazo intermareal e fondos mariños, viven mariscos como o percebe, boi, nécora, e gran cantidade de esponxas, gorgonias, poliquetos e moluscos. Tamén estrelas de mar, ourizos e polbo.