17 07 23 Torla - Pradera de Ordesa - Refuxio de Góriz

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido (Huesca)

PUNTO DE PARTIDA: Torla (1.080 m)

ACCESO: Desde Ribadeo pola A – 8 ata Bilbao. Aquí coller cara a Vitoria e Pamplona. Logo pasamos por Jaca ata Sabiñánigo onde temos dúas opcións. Unha por Biescas e outra por Escalona e Broto.

HORARIO: 7/9 horas          DESNIVEL: 1.250 m          DISTANCIA: 20 km

DIFICULTADE: Media       TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Torla (1.080 m)       COTA MÁXIMA: Refuxio de Góriz (2.195 m)

MAPA: Valle de Ordesa – Monte Perdido 1: 25.000 de Alpina

SINOPSE:

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Na saída de Torla cara a Pradera de Ordesa, chegamos ao hotel Eldelweis xuto ao que parte, pola dereita, un sendeiro que baixa directamente ata a ponte de La Glera sobre o río Ara.

            Cruzamos pola ponte te collemos a pista que arranca á nosa esquerda remontando o río Ara pola súa marxe esquerda en suave pendente. Logo dun quilómetro, aproximadamente, a pista xira 180º punto no cal debemos abandonar dita pista para coller un amplo sendeiro que sae á nosa esquerda que vai gañando altura ata chegar a confluencia con o GR – 11 procedente de Bujaruelo o cal a de levarnos a Pradera de Ordesa.

            O primeiro tramo do GR – 11, sobe con moderada pendente ata alcanzar un tramo máis chan desde o cal temos durante un curto tramo unhas boas vistas da confluencia dos ríos Ara e Arazas así como da Cascada del Molinieto.

            Seguimos polo camiño de Turieto Bajo por un sedeiro entre unha densa masa forestal, orientada cara ao norte, formada por faias, pinos e abetos que case non deixan pasar a luz. No camiño atoparemos dous desvíos sinalizados consecutivos á nosa esquerda que nos permiten acceder a un par de miradoiros, das Cascadas de Tamborreta e Los Abetos.

            Preto da Pradera de Ordesa atopamos a ponte e monumento a Lucien Briet. Se seguimos polo sendeiro axiña chegamos á ponte de Las Fuentes que da acceso á Pradera de Ordesa.

            Dende a parte final do aparcadoiro collemos o amplo camiño ata unha bifurcación cunha virxe. Seguimos pola dereita en dirección a Góriz, Faja de Canarellas e Bosque de Hayas, deixando á da esquerda que vai as Clavijas de Cotatuero, Faja Racón e Brecha de Rolando.

            Temos unha nova bifurcación, collendo o desvío da esquerda marcado como Cola de Caballo subindo en cómoda pendente a través dun frondoso faial. Así chegamos a un dos puntos máis espectaculares da ascensión, as Gradas de Soaso. O val vai abríndose formando un amplo prado franqueado por altísimas paredes. De fronte vemos xa o Perdido con a Punta de la Escaleretas xusto debaixo do seu cume.

            Cruzamos por unha ponte metálica xusto diante da Cola de Caballo tendo de fronte, un pouco á esquerda, a subida ao refuxio de Gòriz por un sendeiro fácil que da un pequeno rodeo para evitar o paso das Clavijas de Soaso, sendo esta subida máis directa.

            A subida polas caravillas, non habendo xeo, non ten dificultade ningunha e unha vez arriba os camiño xúntanse no que parece unha meseta. Enriba da nosas cabezas podemos ver o Monte Perdido e o Cilindro. Seguimos polo sendeiro subindo pouco despois a unha repisa rochosa e pouco despois alcanzamos o refuxio de Góriz (2.195 m)