17 04 13 Valle de Primout

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Toreno e Páramo de Sil (León)

PUNTO DE PARTIDA: Pardamaza (1.020 m)

ACCESO: Desde a autoestrada A – 6 en Ponferrada coller a A – 631 ata Toreno. Aquí temos que cruzar o río Sil para coller a estrada que vai a Librán e Pardamaza.

HORARIO: 4/5 horas     DESNIVEL: 450 m             DISTANCIA: 17 km

DIFICULTADE: Media       TIPO DE RUTA: Ida e volta          MAPA: I.G.N. – 127 – I

COTA MÍNIMA: Rego de La Braña (990 m)    

COTA MÁXIMA: Collado Cancerbeiro (1.450 m)

SINOPSE: O val alto do Primout entre esta localidade e Pardamaza é un fermoso paseo entre carballos e praderías no medio dun silencio absoluto. A zona é unha extensión do Bierzo cunha baixa densidade de poboación, aldeas moi separadas que se abre tras o impresionante desfiladeiro de Entrepeñas. Primout é unha das aldeas máis fermosas da comarca e tamén das máis illadas.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Xusto á entrada de Pardamaza temos un bo sitio  para aparcar e tamén o cartel da ruta. Camiñamos en dirección á aldea pero sen entrar nela bordeamos o cemiterio xirando á esquerda por unha pista que baixa ao río. O camiño fai un crebo e cruza o rego de La Braña onde hai dous muíños en ruínas e unha bifurcación. Aquí abandonamos a pista para coller un carreiro que hai un pouco máis arriba que vai gañando altura entre breixos e algún castiñeiro. Cando chegamos a un outeiro collemos a pista que deixamos máis abaixo e que agora chega desde un claro onde hai tres torres do tendido eléctrico. Subimos un tramo algo empinado escorándonos axiña cara ao lado esquerdo da ladeira, paralelos ao río Primout.

            O camiño vai estreitándose pasando por un pequeno aciñeiral con un tramo de subida primeiro e logo outro de baixada. Por debaixo temos outro estreitamento do río Primout parecido ao que había baixo as tres torres eléctricas. De fronte podemos ver parte do val de Primout que logo vai xirando cara ao nordeste .

            Cruzamos unha portiña metálica chegando a un prado e ao río, que cruzamos por unha pasarela de madeira. Agora cambia a perspectiva, si antes tíñamos como referencias paisaxísticas as paredes verticais  de cuarcita, pasamos a camiñar pola beira do río con a súa arborada. Este é o comezo dun largo e fermoso paseo pola beira do río. atopamos os primeiros carballos que medras xunto ao leito do río, mentres vemos unha cabana en ruínas ao outro lado do río. Pola esquerda temos unha pista que ven do lugar de Santa Cruz del Sil, situado ao outro lado da montaña. O carreiro gana en fermosura pasando xunto as árbores máis antigas do traxecto chegando así a Braña de Santa Cruz. Temos un par de pasos estreitos que fan do tramo da ruta que segue sexa o máis lento aínda que o val non perde nada de beleza.

            Temos unha nova portiña metálica e axiña chegamos aos primeiros prados de Primout que seguen durante tres quilómetros, principalmente ao outro lado do río. Temos agora unha parede paralela ao noso recorrido vendo desde este lugar algún cume do cordal que ven do Catoute chegando ao muro do cemiterio de Primout (1.220 m), e unha pista que ven de Páramo de Sil. Logo dunha visita á aldea damos a volta polo mesmo camiño.

            Existe outra alternativa, máis larga e difícil para volver a Pardamaza pola parte alta do val recorrendo a Sierra de Vallelargo pero que nos alargará a ruta en algo máis de catro quilómetros, engadindo tamén máis desnivel.  

            Para iso temos que coller a pista que desde Primout vai a Páramo de Sil. Temos unha pendente neste primeiro tramo con unha subida de tres centos metros en pouco máis de un quilómetro. Chegado ao Collado Cancerbeiro (1.450 m) collemos un camiño á esquerda polo que percorremos toda a serra. Unha vez que chegamos a esta cota, non temos máis dificultades, con pequenas baixada e subidas e fermosas vistas do val de Primout.

            Logo de percorrer a serra chegamos a unha bifurcación, tendo á dereita a cabana de Usiles, por onde se baixa a Santa Cruz. Neste lugar collemos a pista cara á esquerda para baixar ao val do Primout. Chegamos ao río e seguimos o camiño cara a Pardamaza