16 10 15 Puente Vidosa - El Derrabau (Ponga) Asturias
TRAZADO DA RUTA |
PDF CASTELÁN |
MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Ponga (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: Puente Vidosa (265 m)
ACCESO: Puente Vidosa dista 21 km desde Cangas de Onís, pola estrada N – 625 que vai ao porto de El Pontón.
HORARIO: 6/7 horas DESNIVEL: 1.250 m de subida / os mesmos de baixada
DISTANCIA: 8 km DIFICULTADE: Media / alta
TIPO DE RUTA: Ida e volta MAPA: I.G.N. – 55 – III
COTA MÍNIMA: Puente Vidosa (265 m)
COTA MÁXIMA: Jucantu (1.389 m)
SINOPSE: Itinerario considerado de alta dificultade, perigoso con néboa ou neve, que require boa preparación física, bo nivel de orientación e desde logo, nada recomendable a persoas con pouca experiencia na montaña.
DESCRICIÓN DA RUTA: Este itinerario comeza en Puente Vidosa (265 m), nada máis pasar a parte traseira do restaurante sae un sendeiro que cruza o Aguasallo por unha ponte subindo a través do monte La Regata que nos conduce a un novo camiño, cara á esquerda do camiño podemos ver a fervenza pero nós debemos continuar subindo cara á dereita. Pasamos os Praos de los Ñozalones e, logo de varios zigzags, chegamos á Posa Ñozalón, desde onde temos xa unha fermosa panorámica aérea da estrada do Pontón.
Seguimos subindo deixando á nosa dereita a perigosa Pradería dos Purgatorios, que nos acompañará ata La Batuda, primeira cabana con cadra que nos atopamos. Agora subimos cara a Rubiellos, e uns cen metros máis adiante, pola esquerda, vemos un novo camiño que rexeitamos, é a Caleya la Fuente el Pozu, que discorre baixo Les Corralines e nos conduce a unha boa fonte.
Chegamos a Rubiellos e un novo camiño sae á man dereita en sentido descendente, é o camiño a Llaganozos que tamén rexeitaremos. Continuamos pola esquerda, bordeando unha cabana-cadra pola súa parte superior, onde nos sae outro camiño á esquerda, é o camiño que vai a Cueva Ríu, nacemento do Aguasalio.
Seguimos cara á dereita, por un camiño que nos leva a pasar entre un hórreo e unha casa, xa na parte superior da aldea de Rubiellos. Novamente, na parte superior do hórreo, o camiño bifúrcase, un vai á esquerda e outro á dereita, máis calquera dos dous nos levan ao Collau Cocoba, paso obrigado para subir ao Derrabau, aínda que por canles diferentes.
Á nosa dereita vemos cinco canles que son, de abaixo a arriba, a estreita Canal Corte, que como o seu nome indica non ten saída; La Canal, La Cueva Canal (estreita), a Pradería los Llemaces e a Canal de la Muda.
Si continuamos pola dereita subiremos ao Collau Cocoba pola Canal; e si o facemos pola esquerda, subimos pola pradería de Los Llemaces. Seguimos pola esquerda, polo Sierrón de les Pandiellines e vamos deixando ao norte, aínda que lonxe, a inmensa Mata Solaroble; axiña chegamos ao Collau Les Pandiellines que se atopa uns 200 m por riba da aldea de Rubiellos. Sobre este cimbro, uns 20 m máis arriba, hai outro pequeno cimbro ao que temos que subir. Á dereita deste é, por encima dunha fileira de abeleiras descorre o camiño. Seguimos este camiño que, baixo a Mata los Patatales, condúcenos cara á Llera Grande, baixo o Requexu Redondu. Subimos agora pola pradería de Los Llemaces, que nos conduce sen perda cara ao Collau Cocoba, onde a vista sobre a marxe esquerda do Sella e verdadeiramente fermosa.
Agora baixamos pola pradería de Cocoba, deixando á nosa esquerda a Solallambriona e, sobre esta, Las Cangas de los Teyones, Mediu, Baxiu e Ñevar; ao fondo da pradería é a nosa dereita podemos ver os campos de pedra solta, polos que nunca debemos baixar ao Valle de Llaganozos.
Así chegamos á Mata de Cocoba, que atravesamos para achegarnos a parte baixa do Monte los Valleyones. Comezando a subir por este monte, uns 100 metros máis arriba, nace un novo sendeiro á dereita que nos leva á Fuente Llamera. De volta novamente ao camiño e, uns 400 metros máis arriba, á nosa esquerda, podemos ver o enorme burato da Cueva la Cabriza, utilizada antano como cadra.
Uns centos de metros máis e chegamos ao Cuetu el Estosu, xa na parte superior do Monte los Valleyones, lugar onde existe unha cadra destruída. Podemos ver desde este lugar as canles de La Argañosa, a de Tornu de Arriba, a de Tornu de Abajo, a Teya, a Teyiquina e o Cargüezu, ademais de toda a cunca do Derrabau.
Agora, para evitar riscos innecesarios na parte máis perigosa, dado o desnivel e os impoñentes cortes que existen, seguiremos subindo máis ben pola esquerda. Nada máis comezar a subir pola Valleya el Estosu, atópase a fonte de Estosu, que ten auga todo o ano. Pasada a Valleya el Estosu, ascendemos pola Cuestona del Derrabau, por camiño case imperceptible, pasamos xunto á fonte de El Plaganu; ao este e no alto das rochas atópase a Muezca el Cantu, uns metros máis adiante chegamos ao Derrabau, baixo o Jucantu, un dos espectáculos mar grandes dos Beyos.
Desde aquí vemos o que nos queda ao Jucantu, subimos lixeiramente á dereita da vertical do cume superando diferentes terrazas sen ningunha dificultade chegando así ao cume do Jucantu (1.389 m) onde existe un fito ben grande. Ducias de montañas se espallan polo horizonte polo que toca lección de xeografía aínda que, denominalas todas sería pouco menos que imposible.
A baixada podemos facela polo mesmo camiño, xa coñecido, ou baixar a Baenu e desde aquí pola Senda de la Cruz que nos leva a estrada, uns 800 m máis abaixo de Puente Vidosa.