24 08 30 IBÓN DE PIEDRAFITA - PEÑA TELERA

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Biescas (Huesca)

PUNTO DE PARTIDA: Piedrafita de Jaca (1.250 m)

ACCESO: A Piedrafita de Jaca chégase desde a estrada que A -  136 que vai de Biescas a Francia.

HORARIO: 4 - 8 h               DESNIVÉIS: 550 m - 1.450 m       DISTANCIA: 12 - 16 km

DIFICULTADE: Media / Alta                  TIPO DE RUTAS: Circulares con tramo de ida e volta

COTA MÍNIMA: Piedrafita de Jaca (1.250 m)           

COTA MÁXIMA: Ibón de Piedrafita (1.620 m) Peña Telera (2.762 m)

MAPA: Valle de Tena de Editorial Alpina 1:25.000

 

SINOPSE:  A Peña Telera é un pico situado na Sierra de Partacua, un cordal montañoso que separa o Val de Tena da Terra de Biescas na comarca do Alto Gállego. Con a súa altura de 2.762 m presenta unha notable prominencia, especialmente pola súa cara sur, onde o desnivel é case de 2.000 metros. Xunto ao resto deste cordal e a veciña Serra Tendereña, a Peña Telera forma unha muralla natural que illa o clima do Val de Tena. Ao norte desta serra as temperaturas son máis baixas e as precipitacións  un pouco máis altas.

           

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos do aparcadoiro da parte final de Piedrafita pola pista asfaltada que nun quilómetro sobe ao aparcadoiro de Lacuniacha (1.380 m). Desde o parque faunístico a pista sobe facendo voltas cara ao Ibón de Piedrafita. Ao longo desta pista temos vamos collendo varios atallos que nos aforran uns cantos metros de camiñada.

            Un destes atallos achéganos ao fondo do Barranco de Boj (1.560 m) polo que subimos polo carreiro que vai paralelo ao barranco. Á nosa dereita queda o refuxio de Las Planas ou Telera e remontando este barranco chegamos ao Ibón de Piedrafita (1.620 m) situado aos pés de Peña Telera. Ata aquí o tramo compartido das dúas rutas.

            Desde o Ibón de Piedrafita, seguimos en dirección sureste baixo os derrube das penas de Peña Telera seguindo un ancho e cómodo carreiro de pedras, terra e herba. O seguinte destino é o arco natural de Piedrafita polo que vamos seguindo as marcas pintadas sobre as rochas e sen perda pasamos xunto a un pequeno refuxio encaixado nas rochas, e logo chegamos a un pequeno chan herboso desde o que distinguimos perfectamente o arco.

            A subida ata o arco non é sinxela, no comezo non é moi pendente pero despois ten unhas ramplas moi duras sendo o carreiro por unha pedreira. Hai que estar atentos aos fitos para elixir o camiño correcto e non learse na subida.

            Unha vez xunto ao arco, con outro esforzo máis, é posible subir ata a parte superior deste desde o que temos incribles vistas do arredor.

            A baixada tampouco é fácil porque a terra e a area esvara bastante. De novo na bifurcación que collemos para subir ao arco, seguimos pola dereita comezando a baixada cara ao aparcadoiro de Lacuniacha.