24 08 29 CIRCULAR Á PEÑA FORATA

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Sallent de Gállego (Huesca)

PUNTO DE PARTIDA: Parte alta da urbanización de Formigal (1.610 m)

ACCESO: Formigal está situado preto da estrada que une Biescas con Francia

HORARIO: 4/5 horas                     DESNIVEL:  780 m             DISTANCIA: 10 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Punto de saída (1.610 m)       

COTA MÁXIMA: Parte alta da travesía de Peña Forata (2.185 m)

MAPA: Valle de Tena de Ediciones Alpina 1:25.000

SINOPSE: En canto á figura, se hai unha montaña estética esta é sen dúbida Peña Forata pola súa cara sur. Hoxe imos rodear este xigante calizo no medio de os grandes cumes que o rodean. Aínda que a distancia a percorrer e curta, o desnivel e terreo polo que nos imos mover requiren dun considerable esforzo, pero nada que con paciencia non poidamos superar.

            Superando algunha fácil aganchada, podemos chegar ao cume occidental de Peña Forata, outra cousa é a súa veciña oriental que require material de escalada para subila.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada comeza na parte máis alta da urbanización de Formigal. Esta ruta circular imos facela en sentido contrario as agullas do reloxo, buscando o comezo do camiño que indica a La Sarra.

            Agora, por pista forestal colleremos o primeiro desvío que atoparemos a uns cincocentos metros da saída. Pola dereita o camiño baixa a Sallent de Gállego. Collemos neste desvío á esquerda para comezar a rodear a mole calcária e dirixirnos ao norte.

            Chegamos a un dos contrafortes da montaña, onde á nosa esquerda desaparece a vexetación. Camiñamos remontando pola braña de La Faxa, deixando á nosa esquerda o pedreiro. Desde este punto arranca un carreiro que sobe á o vértice destas montañas que sobe á Peña Forata orienta e occidental. Máis adiante, abandonamos o pedreiro para seguir na cota de 1.800 m aproximadamente, buscando a Punta de Brazapuchera.

            Ao chegar as abas desta montaña, xiramos á esquerda buscando un pequeno outeiro para entrar cara a forcada entre os vértices da montaña.

            Despois de superar varios zigzags, acadaremos esa forcada desde a que seguiremos por un carreiro que sobe camiño das verticais paredes da cara este, que, sen chegar á beira, buscamos un paso ben indicado e con carreiro perfectamente claro comezamos a baixada cara ao Cuello del Forato ou Collado Forato.

            Desde aquí, non teremos problemas para seguir o carreiro cara á urbanización de Formigal, onde rematamos esta ruta.