23 02 18 BOSQUE DE COALNEGRO

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

 

SITUACIÓN: Aller (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Felechosa (650 m)

ACCESO: Felechosa está situada na estrada AS – 253 que vai desde Ujo ao porto de San Isidro.

HORARIO: 4/5 horas                    DESNIVEL: 440 m (640 m subindo ao pico Coalnegro)            

DISTANCIA: 11,5 km                    DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Pola del Pino (600 m)            COTA MÁXIMA: Pico Coalnegro (1.217 m)

MAPAS: I.G.N. – 78 - II – 79 – I

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñada en Pola del Pino, onde, no centro desta poboación, collemos un camiño á dereita que sobe polo Valle del Coto de la Pola, pasando xunto á ermida de San Antoño e o núcleo de Misiego.

            O camiño de fácil subida sitúanos sobre a poboación de Pola del Pino con algúns cruces sinalizados. Seguimos a subida ata atopar unha sinal á esquerda que nos sinala a fermosa fervenza de Txorrín e unha vez visitada, proseguimos pola dereita ata La Fontica, onde chega unha pista que ven de El Pino. Continuamos pola pista da esquerda en suave travesía gañando altura pola ladeira do monte e imos entrando no faial do Monte Coalnegro onde se atopan varias brañas como a de Los Palombos que unha vez a pasamos collemos un carreiro que pasa por outro faial con rechamantes exemplares.

            Chegamos así, á zona aberta da Collada Linares (1.034 m) desde a que comezamos a subida, atravesando o faial, sen carreiro pero moi limpo o chan, acadando por esta fermosa paraxe o modesto pico de Coalnegro (1.217 m) con fermosas vistas sobre o porto de San Isidro e as poboacións do val.

            Baixamos de novo á Collada Linares onde seguimos unha pista pola que vamos bordeando, deixando o pico á dereita e baixamos pasando polas brañas de Los Texones, Curxera e Llabanera del Valle de Fresnedo. Seguimos baixando ata chegar a un cruce por riba do Colláu Roces, onde a pista da dereita vai a varias brañas pero, nós seguimos polo ramal da esquerda para pasar pola Guaricia e rodeando unhas antenas de telefonía, chegando así ás rúas de Felechosa

            Camiñamos  polo centro desta poboación para atravesar a estrada xeral e coller a rúa que cruza por unha ponte o río de San Isidro. Logo de cruzar o río temos unha bifurcación onde collemos o ramal da dereita para seguir a Senda Verde de Foyoso. Despois de camiñar un quilómetro chegamos a unha ponte pola que atravesamos o río Pino collendo a pista á  dereita que nos leva a El Pino e logo pola estrada asfaltada ata Pola Vieya ou Pola del Pino.