23 08 30 CANAL ROYA - ANAYET - CANAL DE LAS NEGRAS

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

 

SITUACIÓN: Canfranc (Huesca)

PUNTO DE PARTIDA: Aparcadoiro da Canal Roya (1.380 m)

ACCESO: Pola estrada N - 330

HORARIO: 6/7 horas          DESNIVEL: 1.430 m                      DISTANCIA: 18,6 km

DIFICULTADE: Alta           TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Ponte río Aragón (1.360 m)  

COTA MÁXIMA: Vértice de Anayet (2.555 m)

MAPA: Valle de Canfranc de Alpina 1:25.000

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñada no aparcamento da Canal Roya collendo unha pista que se introduce no val. A uns cincocentos metros temos dous cruces, un a cada lado, que ignoramos para seguir a pista durante dous quilómetros polo val atopando un cartel que marca a saída da pista para coller un camiño á nosa dereita. Neste punto baixamos un pouco para cruzar o río (1.480 m), e seguir as marcas do GR – 11 durante varios quilómetros ignorando sempre os cruces que atopemos á nosa dereita.

            Pouco a pouco entramos no val ata chegar a un recuncho onde aparece unha parede que temos que subir. Dende lonxe parece difícil máis, unha vez alí, sóbese comodamente seguindo aínda as marcas do GR que nos levará ata os lagos de Anayet (2.227 m).

            Na beira do ibón principal, á nosa dereita sae un camiño ben marcado que se dirixe cara ao paso de Anayet (2.413 m) polo que subimos comodamente ata o cimbro, aínda que teremos algún paso onde faremos uso das mans. Xiramos á esquerda para afrontar a derradeira parte da subida ao Vértice de Anayet (2.555 m).

            Dende o cume comeza a baixada onde, en varios tramos, non temos un camiño claro, pero é fácil orientarse nesta zona. A primeira parte é pola mesma crista que ven dende a subida en dirección suroeste. Existen no camiño algunha pedra esvaradía polo que andaremos con coidado.

            No seguinte cimbro, xiramos á dereita para afrontar a baixada ata unha gran campeira chan. Unha vez nela, temos que buscar a saída natural da auga á nosa esquerda onde atopamos un camiño que seguiremos un bo cacho. E importante non facer caso neste tramo da sinalización de PR branca e marela. Este carreiro acompañaranos un bo treito da baixada.

            Cando cheguemos á cota dos 2.000 metros, aparece un paso entre grandes rochas, para pouco despois, xirar 180 graos á nosa dereita e seguir baixando. O camiño non é moi claro pero os fitos axudarannos neste treito.

            Unha vez chegado de novo ao GR – 11, por onde pasamos no camiño de ida, xiramos á esquerda, esta vez en baixada, ata o punto do comezo desta ruta.

            Desde o Collado de Anayet (2.413 m) tamén se pode subir ao pico Anayet (2.574 m) pero ten un tramo no que existe unha cadea e unha cheminea para chegar ao cume.