23 08 29 IBÓN DE ESTANÉS DESDE SANSANET

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

 

SITUACIÓN: Urdós (Francia) Valle de Hecho (Huesca)

PUNTO DE PARTIDA: Aparcadoiro de Sansanet (1.320 m)

ACCESO: Pola estrada N – 3230 A – a 5 km logo de pasar o porto de Somport en dirección Francia.

HORARIO: 4/5 horas                     DESNIVEL: 650 m                         DISTANCIA: 11 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Ponte gave d´Aspe (1.310 m)                    

COTA MÁXIMA: Porto de Estanés (1.792 m)

MAPA: Valle de Canfranc de Alpina 1:25.000

SINOPSE: O ibón de Estanés é un dos lagos pirenaicos máis visitados, sobre todo desde a vertente francesa, pola súa accesibilidade e as súa espléndidas vistas do Pirineo.

            Conta con 27,9 hectáreas de superficie e foi represado para abastecer a central eléctrica francesa de Espelunguére, no Valle de Aspe.

            É unha ruta circular moi fermosa, a subida polo faial de Sansanet, o propio lago, a súa contorna e a baixada polo val d´Espeluguére cos seus bosques.

            Aínda que a ruta é fácil, a baixada do Port de Bernére é bastante pendente e agreste, logo o camiño estréitase facendo un flanqueo por unha ladeira moi inclinada. Máis tarde, teremos que baixar por unha escaleira metálica con banda para superar un chanzo da ladeira. Dificultade técnica non ten, solo temos que ir un pouco atentos nestes pasos puntuais.

           

DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada comeza no aparcadoiro de Sansanet, collendo unha pista que baixa cara ao suroeste que axiña non conduce ao leito do rego, gave d´Aspe. Camiñamos pola súa marxe dereita uns cen metros para cruzar o rego por unha ponte. Unha vez cruzado, a pista sobe facendo zigzags en dirección norte atravesando un faial ata chegar a un cruce de camiños onde, polo carreiro da dereita voltaremos na baixada.

            Xiramos á esquerda, por u carreiro que en dirección oeste nos leva ao leito dun regato, que cruzamos e seguimos pola súa marxe esquerda atravesando os prados. Neste tramo, a subida transcorre a través do val fluvial que alberga o rego mencionado ata chegar ao porto de Estanés (1.792 m).

            Aquí remata a subida dando vistas ao ibón situado a 1.760 m. Bordeamos deixando o lago á man esquerda, tamén podemos darlle unha volta enteira, para subir en dirección oeste ao paso coñecido como Port de Bernére ou Pas de L´Echelle (1.774 m) desde o cal, un carreiro baixa en dirección noroeste con bastante inclinación onde temos que andar con coidado, e axiña o carreiro fai un flanqueo descendente pola ladeira que pecha o val pola marxe dereita orográfica do val d´Espelunguére ata chegar ao leito dun barranco que cruza transversalmente o camiño, cruzamos o regato e o carreiro baixa paralelo ao seu leito pola marxe dereita ata chegar ao fondo do val d´Espelunguére.

            Aquí temos un cruce pouco evidente. Pola esquerda sae un carreiro que nun tramo de ida e volta de 1,5 km nos achega á fervenza de Espelunguére. Si non vamos á fervenza, seguimos cara á dereita, retomando de novo o trazo da Senda de Camille. O carreiro segue agora subindo un pequeno treito en dirección este, ata que chega a un paso continuando nesa dirección en chan ou baixando lixeiramente, a un quilómetro do val d´Espeluguére, o carreiro colle dirección sur leste, baixando suavemente entre prados ata chegar á Cabane d´Escouret. Dicir que nesta cabana venden queixo da zona.

            Seguimos polo carreiro que agora vai en dirección sur e a uns trescentos metros da cabana enlazamos con o camiño de saída seguindo por el ata o aparcadoiro.