22 02 19 ESTACIÓN DE SAN ISIDRO - LAGO EL AUSENTE - ISOBA

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

 

SITUACIÓN: Lillo (León)

PUNTO DE PARTIDA: S.Isidro - Aparcamento de Cebolleu - (Puebal de Lillo) León

ACCESO: Desde Asturias desde a autoestrada A – 66, en Ujo coller a AS – 112 que vai ao porto de San Isidro.

HORARIO: 5 h                     DESNIVEL: 260 m de subidas / 570 m de baixadas            

DISTANCIA: 11 km            DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Ponte sobre o río de Isoba (1.335 m)                     

COTA MÁXIMA: Lago El Ausente (1.742 m)

MAPAS: I.G.N. – 79 – III – I

SINOPSE: Puebla de Lillo posúe unha ampla cantidade de rutas de sendeirismo por paraxes naturais dentro da Cordilleira Cantábrica. Esta ruta en torno ao lago Ausente atravesa unha parte especial deste espazo natural pertencente á Montaña de Riaño e Mampodre.

            É unha pena, que en pleno mes de febreiro, parte da travesía, carecía totalmente de neve.

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos do aparcadoiro de Cebolleu da estación de esquí de S. Isidro collendo o camiño, á man dereita que vai ao lago El Ausente seguindo o PR – LE 26.

            O camiño ben marcado lévanos superando desniveis moi suaves ata que chegamos á base do lago, logo de percorrer uns tres quilómetros, onde temos que desviarnos á dereita para subir un lombo con forte pendente.

            Unha vez superada esta rampla, temos un chan que de seguida da vista ao lago, cuxa superficie está totalmente conxelada. Logo de facer a parada de rigor e admirar tan fermosos paisaxe, seguimos o camiño baixando por distinto lugar do que subimos.             A pendente de baixada tamén e ben forte polo que temos que extremar precaucións nos primeiros tramos.

            Unha vez chegado á parte máis chan, seguimos  o camiño entre escobas e dado a escaseza de neve, temos que sacar as raquetas de neve.

            Seguimos o camiño que atravesa un regato subindo un tramo de incómodo andar entre xestas e carqueixas para chegar a unha liña de arames onde o camiño está esbrozado. Camiñamos xunto a estes arames pasando xunto a unha pequena lagoa, e un pouco despois, abandonamos esta liña, para desviarnos á dereita e baixar para atravesar a estrada que ven de San Isidro a Isoba.

            Logo de atravesar a estrada, dirixímonos cara ao lago de Isoba que bordeamos pola dereita para baixar por un camiño que nos leva cara ao río  de Isoba tendo de fronte unha pequena fervenza e unha ponte pola que temos que atravesar.

            Unha vez, no outro lado do río, collemos á esquerda tendo que atravesar un paso cunha portiña xiratoria situada no mesmo camiño. Pouco despois chegamos as primeiras casas de Isoba e nesta vila damos por rematada esta travesía.