15 02 14 Ruta Allerana de Las Brañas

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

   MAPA   

 

 ATENCIÓN: O track sólo comprende un pequeno tramo desta ruta. É o que puidemos facer debido a cantidade de neve existente.

 

SITUACIÓN: Aller (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Felechosa (650 m)

ACCESO: Felechosa está situado na estrada AS – 253 que sae de Ujo en dirección ao porto de San Isidro.

HORARIO: 5/6 horas            DISTANCIA:18 km            DIFICULTADE: Media

TIPO DE RUTA: Circular                 DESNIVÉIS: 875 m tanto de subida como de baixada

COTA MÍNIMA: Felechosa (650 m)           COTA MÁXIMA: Cdo.La Tabierna (1.392 m)      

MAPA: I.G.N. – 79 – I          

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Este itinerario comeza en Felechosa (650 m), xusto á beira da capela da Virxe da Antiga. Alí mesmo collemos un camiño carreteiro que vai cara ao norte paralelo ao río Fresneo. O camiño é unha subida continua por debaixo dunha masa forestal, máis adiante o val estreitécese para pasar xunto as Penas Cutias, onde cruzamos o leito do río en tres ocasións polas pontes de Piru Pintu. Debaixo da última ponte temos a fervenza máis sonora de todo o recorrido. Seguimos avanzando cara a abertura do val pola marxe dereita do río, ignorando varios desvíos para encarar a subida á braña de Gamonal (1.000 m). A partir de aquí estreitase de novo o val seguindo por camiño labrado na rocha, superando varios repeitos na aproximación a Fitu Felguera.

            Ábrese de novo o val ao paso polo Porto Baxiu, onde se localizan as brañas de Mayaín e Caserón (1.200 m). O sendeiro diríxese a Mayaín é, logo de cruzar o grupo de rústicas cabanas dirixímonos a campeira do cimbro de Fitu Felguera (1.270 m). Remata aquí o primeiro tramo de remontada, xusto a carón do fito que delimita os concellos de Sobrescobio e Aller. Agora cambiamos de rumbo cara o poñente pasando pola limpa campeira de Valencia (1.300 m) que constitúe a entrada natural ao val Chirrial. Sobre este, descansa a ladeira meridional do pico Retriñón.

            O camiño segue en dirección suroeste cara a braña de El Otero (1.260 m) , as Ordaliegas (1.240 m), chegando a La Tabierna (1.380 m), punto culminante desta ruta. Desde aquí comeza unha longa baixada cara a Cuevas, cruzando inicialmente o rego de La Piornosa asomándonos a La Chomba, a partir da cal comeza a vertixinosa baixada en zigzags cara ao rego Cuervu. Un pouco antes temos unha variante que acurta o recorrido por El Llanón e Reofresno.

Vadeamos o rego Cuervu entrando no bosque de Argallaona ata concluír en Navalloz, cimbro que nos da paso ao contiguo val de Celleo. Aquí o camiño diríxese pola esquerda con lixeira remontada cara a La Campona, tras a cal o sendeiro baixa pola cabeceira do val Celleo, cheo de brañas e cabanas ata acadar o seu cimbro.

Desde este lugar proseguimos ata a seguinte braña de, desde a cal xa se dominan as paisaxes en torno a Cuevas e a Peña Los Pandos. En seguida chegamos á estrada, no lugar coñecido como Los Moyaes, onde temos unha área recreativa coa súa fonte. Desde aquí ata Felechosa podemos seguir ben pola mesma estrada ou ben seguindo o camiño que desde a antiga ponte de La Muñeca pasa pola braña de La Casona e a piscifactoría, onde entroncamos coa pista que baixa de Cebarón e Murias