03 01 26 Ruta do Forcón dos Ríos (Santalla de Oscos) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Santa Eulalia de Oscos

ACCESO: Na Veiga collemos a estrada que sobe o porto de A Garganta e aquí xiramos a dereita en dirección Fonsagrada.

HORARIO: 4 - 5 horas                 DISTANCIA:  12 – 17  km.     TIPO DE ROTA: Circular

DESNIVEL: 150 m.                                                            DIFICULTADE: Baixa

SINOPSE: Rota de natureza e etnografía. O sendeiro entre montañas e ríos achéganos a confluencia formada polos ríos Villanueva e Barcia (forcón dos ríos).

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Saímos de Santa Eulalia baixando en dirección a Ferreirela, aldea onde naceu o Marques de Sargadelos, e vamos achegándonos ao río Agueira para nun entretido camiñar acadar a aldea de Caraduxe. O camiño non ten dificultade ningunha, vainos levando por un fermoso paraxe de árbores autóctonas e aldeas en estado de medio abandono. Así desta maneira chegamos a seguinte aldea que se chama San Julián, tamén na beira do río,

            Logo cruzamos o río Agüeira para camiñar por entra as casas de a Valía, aldea de moi alto valor etnográfico e berce dos Lombardero, reloxeiros e inventores,   sempre sen perder a canle do río, e pasar por As Casías, aldea tamén de indubidable valor paisaxístico, Seguimos este entretido camiñar para alcanzar a estrada que ven de Santalla a San Martín, a cal temos que cruzar pois o sendeiro segue pola beira do río. Agora atopamos o paraxe que da nome a esta rota, o Forcón dos Ríos, onde se xunta o que baixa de Vilanova de Oscos con o rego de Vega del Carro. Sitio fermoso onde os haxa no cal podemos aproveitar para dar conta da xanta.

            O nos percorrido sobe agora por un sendeiro bastante costo polo val do río Barcia que pouco a pouco nos leva cara a Vega del Carro. Logo de aquí quédanos unha fácil subida as Poceiras e Millarado.

            Na aldea de Millarado, xusto ao pasar Casa Rodil, temos unha bifurcación onde existen dúas opcións, a esquerda parte unha pista de terra que bordea o monte Penoes. A pista remata e da paso a un camiño que comeza a baixar cara a un monte de caducifolios. Chegamos a un cruce de camiños onde seguimos de fronte, avanzando por enriba dunha parede ata chegar a estrada asfaltada. Unha vez nela, debemos cruzar e coller o camiño que colle a dereita por debaixo da estrada. Este camiño sen perda, vainos levar de volta a Santalla.

            OPCIÓN CURTA: Para todos os que non queiran dar esta volta, na bifurcación antes dita, en Millarado, deben seguir de fronte por unha pista asfaltada e non desviarse dela, pois a de levarvos directamente a Santalla.