03 08 24 La Pornacal (Somiedo) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

Sta. María del Puerto – Penouta – La Pornacal - Villar de Vildas

 

 SITUACIÓN: Parque Natural de Somiedo (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Santa María del Puerto

ACCESO: Dende a N-634 a altura de Cornellana, temos que coller a estrada que vai a Cangas de Narcea e a 10 qm desviarnos a esquerda cara ao Porto deSomiedo, lugar da saída.

HORARIO: 4 - 5 horas                       DISTANCIA: 12 qm                

TIPO DE ROTA: Travesía                      MAPAS: I.G.N. – 76 – II – IV

DESNIVEL: 414 m.de subida, 940 m. de baixada            DIFICULTADE: Baixa

 

DESCRICIÓN DA ROTA:  Saímos de Sta. María del Puerto (1.486 m.) por entre as rúas do lugar cara ao occidente pola rota do Cornón. Chegado a unha bifurcación temos que seguir a dereita, abandonando as marcas da rota do Cornón por un cómodo camiño entre paredes de pedra. Xa vemos de fronte a montaña Penouta que remata o val do Bayo. Mais adiante atopámonos con outro cruce onde seguimos de fronte porque a dereita temos o paso restrinxido. Vamos camiñando entre piornos por riba dos meandros que fai o rego a altura dos montes de as Camposas. Ó chegar aos primeiros estribamentos da Penouta, os mais montañeiros deben acometer a subida polo prado debaixo das primeiras rochas que baixan desta longa montaña, para logo ir cristeando nun entretido camiñar entre rochas cara ao airoso cume (1.976 m.). A dereita podemos ver a aldea de La Peral, o val do río Trabanco e o Mocosu.

            Dende o cume, se o día e bo, poderemos observar moitas montañas da Cordilleira Cantábrica como o Macizo de Ubiña, o Cornón, moi preto as Peñas del Nuncio, Cogollo de Cebolleu e outros cumes da veciña comarca leonesa.

            Baixamos pola crista occidental para acadar a Horcada de Bayo por onde pasamos para dar vista a veiga do río Trabanco. Temos agora unha forte, pero curta, baixada por entre matueiros, e unha vez abaixo cruzamos o rego para subir pola ladeira que temos enfronte. Podemos escoller a zona de subida por onde queiramos porque de todas formas temos que coroar no Alto de Fontarante onde existe unha pequena lagoa.

            Dende este punto damos vista ao val do río Pigüeña e a braña Los Cuartos a que temos que baixar por un sendeiro sen perda ningunha. Na braña Los Cuartos podemos facer un alto para reagruparnos e admirar algunhas cabanas de teito

            A partir desta braña comeza unha cómoda pista paralela ao río que xa non abandonaremos ata o remate deste percorrido. Primeiro temos un cruce sinalado que sube ao Collado de La Enfestiella e a Peralpero nós seguimos de fronte para chegara a mais famosa braña de Somiedo.

            Esta e a braña de La Pornacal con moitas cabanas perfectamente conservadas a ambos lados do noso camiño. Menos de unha hora resta para chegar a Villar de Vildas.