04 10 10 RÍO DOBRA (Sajambre) León (Amieva) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Sajambre e Amieva (León e Asturias).  

PUNTO DE PARTIDA: Soto de Sajambre (León)

ACCESO: A Soto de Sajambre chégase dende a estrada que vai de Cangas de Onís e sobe ao porto do Pontón que collemos pouco antes de Oseja de Sajambre.

HORARIO: 6/7 horas            DESNIVEL: 390 m. de subida – 800 m. de baixada

DISTANCIA: 18 km.             DIFICULTADE: Media              TIPO DE ROTA: Travesía         

MAPA: Macizo Occidental de Picos de Europa de Miguel A. Adrados

SINOPSE: O Dobra e un dos ríos máis representativos da zona de Picos de Europa. Nace preto do Puerto de Dobres e divide o Macizo Occidental nun percorrido de mais de 20 quilómetros ata o seu encontro con o Sella.

    As primeiras augas do Dobra podemos velas entre as faias e os carballos dos bosques de Vegavaño. Logo abre camiño entre os Picos do Cornión e a Serra de Beza, polo fondo dun longo e fondo val que se vai estreitando ata formar a garganta cerrada polo encoro de La Jocica.

    Despois pasa polas praderías de Angón, onde repousa antes de comezar a accidentada baixada cara ao río Sella. Neste último tramo, entre Angón e a desembocadura, o Dobra discorre encaixado entre altas paredes verticais e ladeiras cubertas dunha impenetrable vexetación.

    A baixada completa do río Dobra e unha longa e dura actividade deportiva. A segunda metade , a partir de Angón, esixe un entrenamento e equipo específicos. Moitos tramos deben recorrerse a nado e os rapeles non son fáciles de evitar. Pero nada de esto fai falta na canle superior do río, a cal é accesible a pé e sen case complicacións.

    A rota comeza en Vegabaño e segue a canle do Dobra ata Angón onde abandona o río a través de El Cueto para saír en Amieva.

    Esta excursión permite coñecer parcialmente un dos ríos máis fermosos e salvaxes de Picos de Europa.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Esta rota parte de Soto de Sajambre paralela ao río Agüera no seu primeiro tramo, pouco despois de pasar o regato do Inferno, temos que cruzar a canle para seguir polo antigo camiño de Vegabaño. No cimbro, cando damos vista a veiga a pista torce á dereita para ir cara ao refuxio que se ve no fondo da veiga. No mesmo cimbro abandonamos esta pista para coller un sendeiro á esquerda que sobe por detrás dunha cabana internándose no bosque. Despois dun pequeno repeito o sendeiro chega á unha pista forestal que ven pola dereita. Seguimos esta pista cara á esquerda en dirección á Peña Beza e chegamos a un amplo cimbro en que a pista se bifurca no alto do Puerto de la Barcinera. Seguimos pola pista principal que segue pola dereita iniciando a baixada á Carombo. Aos poucos minutos a pista remata e debemos seguir baixando directamente por unha especie de ancho cortalumes. Un pouco máis abaixo comeza un carreiro que baixa facendo reviravoltas moi abertas, case directamente ata acadar o río a altura dunha ponte de formigón.

    Xa estamos no Dobra, o cal cruzamos para subir as majadas de Carombo que se atopan máis enriba, na parte alta da veiga.

    Aquí é onde poden surxir algunhas dúbidas, xa que o sendeiro que ven dende a Jocica a Carombo faino bastante por riba do río. Sen necesidade de chegar ás cabanas subimos diagonalmente cara á esquerda en dirección a un esporón rochoso que cerra a veiga polo NO. Este esporón é difícil de ver por culpa das árbores, pero unha vez que o avistamos, podemos ver o sendeiro case perdido que o corta horizontalmente a media altura.

    Subimos ata él para dobrar o esporón e continuar xa sempre a boa altura sobre o río cara á Jocica. Debemos prestar atención ao sendeiro en moitos tramos, onde chega case a desaparecer. O importante e non baixar ao río, xa que hai que chegar ao encoro a unha considerable altura por riba do mesmo. Na derradeira parte, o sendeiro vai practicamente tallado na rocha ata alcanzar o fío  dun esporón detrás do cal xa se ven as praderías de Angón. Baixamos por un aéreo zigzag ata unha ampla plataforma dende a cal se realizan as operacións de mantemento da presa.

    Alí mesmo comeza pola dereita a pista que baixa facendo reviravoltas entre as xigantescas faias ata o río. Logo, xa por terreo mais levadeiro chegamos á central eléctrica de Restaño. Seguimos pola pista de formigón, a cal vai gañando altura entre as cabanas e os prados de Angón cara á El Cueto.

            A este cimbro chega pola esquerda o Sendeiro do Arcediano que baixa dos Puertos de Beza. Atravesamos a portiña que cerra o paso e iniciamos pola outra banda a baixada cara Amieva.