06 06 30 Caín – Torrecerredo pola Canal da Auga (Valdeón) León (Cabrales) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Parque Nacional de Los Picos de Europa (Macizo Central)

ACCESO: Pola estrada que sobe dende Cangas de Onís ao porto de Pontón, logo aquí collemos a esquerda polo porto de Panderruedas a Posada de Valdeón e Caín.

  

1ª parte: CaínCanal del AguaRefuxio de Cabrones

 

HORARIO: 7 / 8 horas                       DESNIVEL: 1.800 m. de subida

TIPO DE ROTA: Travesía                      DIFICULTADE: Moi alta

DESCRICIÓN DA ROTA:Saímos do aparcadoiro xunto a unha ponte e seguimos a estrada a Caín onde collemos a Senda do Cares ata Puente Bolín. Un pouco antes de chegar a ponte, a altura dos restos do antigo Puente de Trea, trepamos (a dereita) unha curta e fácil pasaxe entre as rochas que dominan o camiño para coller un sendeiro que sobe rapidamente cara a Canal de Recidroño. O sendeiro da unha volta antes de chegar e entrar na canle (próximo a Fuente Prieta) e cambia de rumbo cara o sur para bordear unhas rochas.

      O camiño tallado na pena facilítanos o paso (La Tranvía). Agora entramos nunha ancha canle con algunhas faias na súa parte alta. O sendeiro vai zigzagueando ata encaixarse nunha estreita canle secundaria a dereita. O camiño aquí é aéreo i espectacular, tallado na mesma rocha, pero de seguida saímos a amplitude da Cuesta Duja¸ tras superar un pequeno cimbro.

      Así chegamos a El Pardo. O sendeiro, moi pouco marcado, cruza horizontalmente a parte inferior da Cuesta Duja e chega sen dificultade a un primeiro cimbro a modo de terraza con unha grande pedra plana (Colladín del Descanso). Proseguimos atravesando sen perder altura cara a outro cimbro próximo (Horcadina del Cuebre) a cal marca a entrada na Canal de Ría. Baixamos algúns metros por esta fonda canle ata situarnos na Canal de Ría, a cal subimos para ir a buscar a entrada da Canal del Agua.

     Unha vez situados na entrada da Canal del Agua, vemos que presenta un aspecto infranqueable. Temos que pasar unha serie de gradas herbosas a esquerda da canle (moi encaixada o comezo) e alcanzamos un alto tras o cal temos que baixar uns metros para así entrar na canle.

Agora preséntasenos un muro que parece cortarnos definitivamente o camiño, pero pola dereita hai un paso aproveitando unhas pequenas viras ascendentes cara a esquerda. Nos cen metros seguintes continúan as dificultades para seguir polo fondo da canle, especialmente si hai auga.

      Son unha serie de pequenas fervenzas que podemos evitar trepando a unha certa altura pola parede dereita segundo o sentido da marcha e atravesando as ladeiras herbosas moi inclinadas a unha considerable altura.

      Unha vez pasados estes obstáculos, chegamos a un punto onde a canle se interrompe con unha espectacular altura sobre a Canal de Ría. De novo atravesamos por pendente herbosa para coller de novo a canle que xa non presenta dificultades ata o seu remate na Horcada del Agua, a  2.144 m. de altura.

    A Horcada del Agua é un lugar increible. Dende ela temos fermosas vistas cara ó Macizo Occidental e do Jou de Los Cabrones, e dun sen fín de montañas que nos rodean. Tamén, dende este cimbro, podemos observar se o día e bo unha das máis fermosas postas de sol en Picos de Europa.

 

2ª parte: Refuxio de Cabrones – Torrecerredo – Caín

 

HORARIO: 7/8 horas                                DESNIVEL: 650 m. de subida – 2.200 de baixada.                     

TIPO DE ROTA: Travesía                      DIFICULTADE: Moi alta

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Dende o refuxio, comezamos recorrendo a dobre depresión do Jou de Los Cabrones e saímos ao remate por unha canle que se abre a nosa esquerda (E). Chegamos así a un cimbro entre dous buratos, máis non baixamos se non que seguimos pola dereita a outro cimbro un pouco máis alto detrás do cal ocúltase o Jou Negro. Proseguimos polo alto do ancho lombo pedregoso que ven da Torre de Labrouche e rodeamos esta torre pola esquerda (E).

            Así entramos sen perder altura no Jou de Cerredo a unha altitude media entre o fondo e o cume da Torre de Cerredo. Remontamos a accidentada ladeira Este do jou, composta por grandes laxas.

 

Ascensión a Torrecerredo.

 

      Encravada nun bravío sector de verticais torres, e agrestes jous, esta esvelta pirámide de dobre vertixe, obríganos a empoleirarnos por unha rampla oblicua e vertical impensable vista dende abaixo. Torrecerredo con 2.648 metros de altura, é a montaña raíña da Cordilleira Cantábrica, a que nos permite as mellores panorámicas e sen dúbida un dos cumes máis visitados de Picos de Europa.

    Unha vez situados fronte a parede SE da montaña, subimos buscando o mellor itinerario a través dun terreo bastante caótico de laxas e pedreiros. A dereita da vertical do cume ábrese unha canle que está normalmente ocupada por un neveiro. Trepamos por esta canle durante uns poucos metros e o chegar a un gran bloque que nos zarra o paso, debemos trepar uns poucos metros pola dereita para así evitalo e logo sobre del atravesar para entrar de novo na canle. Esta desaparece de seguida, entón temos que pasar a esquerda para trepar por unha sucesión de estreitas viras sucalcadas que en diagonal nos levan a unha pequena brecha. Atravesamos esta brecha e tomamos unha pequena canle que de seguida nos conduce a crista cimeira.  

       Baixamos polo mesmo camiño e continuamos a travesía das ladeiras orientais de Jou de Cerredo para chegar sen perder moita altura a Horcada de Don Carlos, a cal se abre no extremo sur da depresión. Para acadar este paso pode ser necesario usar ambas mans en algúns tramos.

       Atravesamos a Horcada de Don Carlos e baixamos por o pedreiro da vertente oposta (S) con tendencia cara a dereita para gañar a veciña Horcada de Caín. Descendemos ata o Hoyo Grande seguindo o camiño que atravesa diagonalmente os pedreiros que caen de Tiro del Oso. Unha vez no fondo do Hoyo Grande, atravesámolo en toda a súa lonxitude ata saír del polo seu extremo noroeste. Situados na Gargantada del Hoyo Grande comeza a larga baixada pola Canal de Dobresengros (a máis longa de Picos). O trazado e máis ou menos directo o comezo, evitando a dereita e esquerda os resaltes máis importantes. A media canle, esta córtase, entón e preciso desviarse a esquerda (O)  para ir buscando saída por unha estreita canle lateral (El Canalón). Baixamos por este incómodo pero curto pasaxe que nos conduce a unha pequena pradeira cerrada nun pequeno circo. Dende aquí xa solo queda seguir un sendeiro que sen perda condúcenos ata Caín, atravesando os flancos setentrionais da parte inferior do val e pasando por Sedo Mabro para chegar a onde deixamos os coches.