06 07 16 Orlé – La Pesanca (Caso e Piloña) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Caso e Piloña (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Orlé

ACCESO: Pola estrada AS – 17 ata Campo de Caso, aquí cóllese a AS – 254 que vai a Infiesto e a 6 km. atópase Orlé.

HORARIO: 5/6 horas                      DESNIVEL: 755/850 m.                    DISTANCIA: 20 km.

DIFICULTADE: Media ou Media/alta subindo a Los Tornos            TIPO DE ROTA: Travesía 

Orlé, é unha típica aldea de economía gandeira que mostra unha estructura urbana con labirinto de caleyas, todas moi limpas e alineadas entre mostras de arquitectura popular. Orlé contaba ata o ano 1927 con concello propio e con autonomía territorial, que o fixo acreedor de beneficios como o nomeamento de alcalde. Reflexo da súa propia historia, consérvase un conxunto etnográfico digno de mención como a casa de La Portiella do século XVIII. Carece de hórreos pero dispón de boas balconadas de madeira, lavadoiros públicos e algunha que outra fonte.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Ó pé dun panel informativo situado na beira da estrada, parte esta rota seguindo o curso do sendeiro sinalizado P.R. AS – 126, vello camiño real que está empedrado nunha boa parte do seu percorrido. Atravesamos a aldea subindo por camiño de formigón e xiramos a dereita nas últimas casas por un camiño de terra, para,a uns douscentos metros e antes de cruzar a ponte da Pomerada, desviarnos a esquerda cara a entrada natural do Valle Mediu seguindo a traxectoria doutro camiño que nos aproxima baixo a sombra de castiñeiros, avelaneiras e bidueiros a outra encrucillada que ten dous desvíos: a esquerda e a dereita da marcha. Nosoutros seguimos de fronte cara a marxe dereita do val. Máis adiante veremos unha solitaria cadra, afrontando de seguida unha empinada costa que cruza por unha areeira, atopándonos con outro desvío a esquerda, o cal deixamos. Así aproximámonos o leito do rego, camiñando parellos a cunca que baixa cara o río Orlé.

            En plena camiñada atravesaremos dúas rústicas pontes de madeira, pasando xunto da fonte do Valle Mediu. A partir de aquí, o camiño volve a empinarse elevándonos entre farallóns cubertos de matueiro; logo cruzamos o rego por outra ponte con baranda metálica. Vamos directos a un paraxe chamado Valle Altu, camiñando definitivamente pola marxe esquerda do val, que se abre máis enriba permitindo contemplar os estribamentos calíos que verten cara as cabanas de El Vocín e Cubilón. Na encrucillada de dous regatos, a rota que seguimos balizada cambia de rumbo ó oeste, mentres que nosoutros seguimos de fronte remontando a ladeira da braña de La Felguera, que está situada debaixo do Escobiu de Piedrafita. Seguimos a rota por un camiño que ten algúns desvíos; a rota principal segue por un sendeiro moi marcado cara a un cimbro tras o cal aparece unha ampla ladeira cuberta de fentos coroada polo Cuetón de Les Travieses. A airosa agulla asoma desafiante  sobre o Escobiu de Piedrafita, por onde o sendeiro se dibuxa con nitidez subindo sinuosamente rumbo a Llomba de Piedrfita. Atopamos unha fonte a dereita do camiño onde podemos aprovisionarnos de auga, se aínda corre. Culminamos o tramo máis custoso na braña de Piedrafita (1.455 m.), cuxas cabanas de teito de xesta ocupan o máis alto do lombo, o cal é un balcón estratéxico cara as montañas máis bravías do cordal de Ponga: A Llambria e Campigüeños, así como os Picos de Europa. Nun primeiro plano asoma a inconfundible Peña Los Tornos (Peña Crespa para os piloñeses e pongueses), sostida polos largos cristeiríos de Pandemules que proxectan a súa figura cara a foz de Incós polo suleste e a foz de Los Moñacos polo noroeste.

Agora dende a LLomba de Piedrafita vamos acometer a ascensión a Los Tornos de maneira optativa dirixíndonos cara a bravía ladeira meridional por un sendeiro marcado na pradeiría e faldreando case en chan este promontorio. Avanzamos cara ó punto máis baixo da Collada Boqueriza (1.452 m.), situados na base do pico e cabeceira dun amplo embude do monte Moñacos, o remate do cal sitúase a espectacular Foz de los Moñacos. Aproximámonos cara as caídas occidentais do pico por onde remontamos os últimos contrafortes que tallan unha estreita canle e, tras superala, desembocamos nun afiado cristeirío. Un pequeno  recorrido aéreo déixanos no fito xeodésico que coroa a cima.

            Dende o cume podemos admirar unha extensa paisaxe que abarca dende a Cordilleira Cantábrica ata os cordais mariños. Tamén asoman baixo esta aguda montaña os paraxes próximos que constitúen a base de aproximación a esta pena, como Pandemules, o monte Agüera e a engrellada cunca do río Valle Moru, densamente poboada de faiales.

De volta a Boqueriza continuamos co itinerario previsto cara a Foz de los Moñacos e a Pesanca.

            Para iso temos que dar co sendeiro que atravesa a barreira de prados que está pouco visible entre as matueiras, virando de esguello a esquerda, en suave baixada ata os primeiros exemplares de faias, para atoparnos cunha traza de pista que ven de Moñacos. O camiño vólvese a esquerda cara as penas setentrionais do Cuetón de Les Travieses. Despois comeza unha continua baixada con sucesivas revoltas nas que ó remate aparece a campeira de Lleuses e a Foz de los Moñacos.

            Non son moitos metros, pero a Foz de los Moñacos e espectacular, unha vez pasada por sendeiro empedrado, entramos no bosque de Pandurriello seguindo a senda do Argañal, posiblemente o tramo máis fermoso do día.

            Dende aquí o camiño convértese en pista que en cómodo trazado nos vai levar polo medio dun bosque de faias ata a área recreativa de La Pesanca, onde podemos descansar un anaco antes de proseguir a andaina uns cinco quilómetros máis ata Espinaredo, pois os autobuses non chegan a área recreativa.