25 05 17 PELÚGANO - PEÑA MEA - VILLORIA

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Aller e Laviana (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Pelúgano (570 m)

ACCESO: Pola estrada AS – 252  que vai de Pola de Laviana  a Cabañaquinta

HORARIO: 6/7 h                  DESNIVEL: 1.000 m de subidas/1.200 m de baixadas                              

DISTANCIA: 14 km              DIFICULTADE: Alta  TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Villoria (340 m)                COTA MÁXIMA: Peña Mea (1.540 m)

MAPA: I.G.N. – 53 – IV

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Xunto a capela de San Pedro en Pelúgano parte esta ruta que sobe en dirección norte ata o barrio de Cima (636 m) onde xiramos ao leste ata El Nial, logo do cal recuperamos o rumbo norte que levaremos ata a Collada de Pelúgano despois de camiñar 3.5 km. Este amplo paso sitúase entre a Serra de Pelúgano e os derrubes de Peña Mea facendo de límite entre os concellos de Aller e Laviana.

            Na Collada de Pelúgano (1.018 m) xiramos con rumbo leste ata preto da Majada de Cerreo sen perda ningunha indo á dereita, por camiño chan no comezo para despois acometer a suave remontada que se dirixe á fonte, tras a cal, o carreiro arrímase aos primeiros contrafortes rochosos e incluso baixa un curto tramo, preámbulo da dura remontada que aquí comeza a través de sucesivas revoltas asomando a media canle ao curioso Ojo de Buey (1.300 m).

            Temos que continuar subindo, superando as arestas e esporóns que verten cara a Laviana para logo do penúltimo esporón, xirar á dereita por un marcado carreiro que leva á base da Canal de la Cueva. Aquí o carreiro bifúrcase con dúas posibles rutas cara ao cume. Pola dereita o carreiro diríxese á Fuente del Gato e a Campa de Peña Mea, sorteando as rochas e, ao remate das mesmas, un pequeno canalizo da paso ao cimbro onde a fonte do Gato e os restos das cabanas forman o máis rechamante do lugar a parte das fermosas panorámicas que desde aquí se ven.

            A outra alternativa é subir pola canal herbosa de La Cueva que permite igualmente o ascenso, moito máis directo e sinxelo. Os últimos remontes supéranse con facilidade tras os cales sitúase o cume de Pena Mea (1.540 m).

            As vistas desde este cume compensan ben a dura subida, cara ao oeste vemos desde o Sueve ata San Isidro con o Toneo e o Torres, resaltando a mole do Retriñón. Máis ao oeste toda a crista do Puerto de Vegarada ao de Piedrafita. A serra de Peña Mayor enfronte e os afastados Picos de Europa.

            Agora toca baixar e farémolo pola ladeira norte ata ampla Collada Doñango (1.030 m). En menos de dous quilómetros baixamos cincocentos metros.

            Desde a Collada Doñango sae un carreiro que desemboca na área recreativa de Campa Felguera (915 m) onde collemos a pista a tramos de formigón que baixa a poboación de Fechaladrona que atravesamos baixando con rumbo norte polas estreitas rúas, agora de asfalto.

            Na saída desta poboación temos unha ampla estrada asfaltada pola que baixamos ata unha curva moi pechada á dereita. Xusto nesta curva sae un camiño pola esquerda polo que seguimos baixando entre casas illadas volvendo a entroncar de novo con a estrada anterior e pola que camiñaremos ata o remate desta andaina en Villoria xunto ao bar Piloñeta.

 

PELÚGANO – COLLADA DE PELÚGANO – VILLORIA (2 opcións)

 

PUNTO DE PARTIDA: Pelúgano (570 m)

HORARIOS: 5/6 h                 DISTANCIAS: A = 12 / B = 13 km

DESNIVEIS DE SUBIDAS: A: 500 m / B: 730 m. 

DESNIVEIS DE BAIXADAS: A: 730 m / B: 960 m                                   

DIFICULTADES: Media       TIPO DE RUTAS: Travesías

COTA MÍNIMA: Villoria (340 m)     COTA MÁXIMA: Collada de Pelúgano (1.018 m)

 

            Xunto a capela de San Pedro en Pelúgano parte esta ruta que sobe en dirección norte ata o barrio de Cima (636 m) onde xiramos ao leste ata El Nial, logo do cal recuperamos o rumbo norte que levaremos ata a Collada de Pelúgano despois de camiñar 3.5 km.

            Na Collada de Pelúgano (1.018 m) seguimos de fronte comezando así a baixada. Axiña aparece a fonte Río Frío que queda á dereita da pista. Máis adiante a pista fai tres zetas en baixada onde existen varias cabanas. Logo de 2,6 km desde a Collada de Pelúgano chegamos a unha bifurcación (860 m) que nos ofrece dúas opcións:         

            OPCIÓN A: Seguimos á esquerda pola pista principal que baixa pola braña de Les Campes (800 m) onde hai unha fonte, e un pouco máis adiante a capela de Nosa Señora da Visitación. Aínda que camiñar por pista non sexa tan atractivo, as vistas que nos depara son espectaculares. Xa preto de Fresnedo abandonamos a pista collendo unha pista pola dereita que en suave subida nos levará de novo á mesma pista pero aforrando distancia. Esta opción entronca con as outras na parte superior da entrada do núcleo de Fechaladrona, sendo, a partir de aquí común para as todas as opcións ata Villoria.

            OPCIÓN B: Na bifurcación antes dita seguimos pola dereita subindo polas praderías de Pedrazo ata o outeiro da Collada Doñango (1.034 m). Neste outeiro, collemos á esquerda para seguir o mesmo trazo da xente que baixa de Peña Mea.

            Pasamos xunto á área recreativa de Campa Felguera (915 m) para chegar a unha curva moi cerrada onde aparece un desvío pola dereita. Nós seguimos á esquerda baixando un tramo pendente facendo varios zigzags ata un pouco antes de atravesar o rego Salencia.

            Pouco despois, abandonamos a pista collendo un camiño pola dereita que entra no medio da aldea de Fechaladrona.

            A partir deste lugar, a baixada e común para todas as opcións.