24 08 26 O CAMIÑO DOS FRADES

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Agurain (Álava)

PUNTO DE PARTIDA: Egileor (670 m)

ACCESO: Dende a autoestrada A - 1, coller a saída 379 en dirección AgurainOpakua. Seguir pola A – 2128 e logo pola A – 4112  e pola A – 4141 ata a primeira casa de Egileor.

HORARIO: 3 h                     DESNIVEL:  540 m             DISTANCIA: 9,7 km

DIFICULTADE: Baixa            TIPO DE RUTA: Ida e volta - circular

COTA MÍNIMA: Egileor (670 m)  COTA MÁXIMA: Larredez (1.100 m)

MAPA: I.G.N. – 139 – I

SINOPSE:     O nome do Camiño dos Frades, parece ser que era usado polos frailes Claretianos de Agurain camiño do cume Larre Eder na serra de Iturrieta.

            As mans de Aitor Gorospe veciño de Agurain, modelou distintas figuras mitolóxicas e seres do bosque, que balisman o carreiro que une o pobo de Egileor con o porto de Alangua nos estribamentos da Serra de Iturrieta.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Na mesma entrada de Egileor, no cruce xunto á primeira casa sae unha pista de zahorra á man esquerda que vai directamente á serra.

            Logo de camiñar por ela un quilómetro, que será o mesmo camiño que faremos á volta; chegamos a un cruce sinalizado como Larre EderSenda dos Frades. Deixamos a pista para coller un camiño pola esquerda que nos leva ao bosque. Logo dun tramo practicamente chan, abandonamos este camiño pola dereita gañamos altura xunto a un barranco onde uns ollos que nos vixían desde unha árbore dannos a benvida a este bosque máxico.

            Axiña atopamos o desvío á cova de Lezao, logo de camiñar 2,3 km, a cal visitamos por un camiño de ida e volta onde atoparemos con algún ser do bosque. De volta no anterior desvío, seguimos subindo tendo que atravesar o paso aberto na rocha de Peña Hueca, gardado por unha bruxa que ten como mascota unha víbora. Faremos soar a choca no interior do paso para escorrentala.

            Gravadas na rocha atoparemos unhas cruces como as que deixan marcadas os peregrinos  de tempos históricos. Noutro recuncho do carreiro atoparemos a Tartalo. O ciclope que ten unha ola lista para cociñar e comer a quen moleste aos seres do bosque.

            Corvos, mouchos, e todo tipo de personaxes sáennos ao camiño antes de topar con Basajuan, outro dos gardiáns destas montañas. Ten varias caveiras a modo de trofeos. Segundo nos achegamos ao remate do camiño, e superado o seco manancial de Arbaras un dragón coida a saída deste bosque máxico.

            Así chegamos ao alto do cordal da Serra de Iturrieta, despois de 4,5 km de andaina no porto de Alangua (1.080 m) onde xiramos á dereita para coroar Larredez ou Larre Edez, antes coñecido como Atxuri (1.100 m).

            Logo dun pequeno descanso, seguimos polo cordal en dirección oeste por carreiro de fácil andar pasando polos cumes de Katarri, Peña Redonda e Peña del Cura, ata o Porto de San Xoán (1.027m) logo de 7 km de camiñada.

            Unha cruz nunha rocha marca o comezo da baixada. Cara á dereita collemos o  carreiro que baixa polo medio dun fermoso faial que nos leva ao cruce da pista que deixamos na subida e un quilómetro máis adiante rematamos esta fácil camiñada.