24 06 16 DE CABO VILÁN A TASARAÑO
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Camariñas (A Coruña)
PUNTO DE PARTIDA: Cabo Vilán
ACCESO: Uns 5 km desde Camariñas pola Estrada do Faro
HORARIO: 5/6 horas DESNIVEL: 200 m DISTANCIA: 16,5 km
DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÁXIMA: Ermida da Virxe do Monte (56 m)
MAPAS: I.G.N. – 67 – II – 68 – I
SINOPSE: Esta é posiblemente a etapa máis chan. Nela percorreremos toda a ría de Camariñas, cunhas paisaxes máis suaves e fermosas aldeas ata Tasaraño, onde daremos por rematada esta etapa.
DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos do faro de Vilán polo carreiro que discorre entre a piscifactoría e o mar. Continuamos o camiño pola zona de A Coenda é ao chegar á altura do campo de fútbol collemos un desvío á dereita para ascender polo Monte Farelo e chegar á ermida da Virxe do Monte. Desde a ermida baixamos de novo á beira do mar para pasar pola praia de Lago camiñando cara ao faro da Villueira onde existen os restos dunha fortificación chamada a Batería do Soberano.
Máis adiante pasamos xunto ás ruínas do Castelo para entrar polo centro de Camariñas, ao lado do porto pesqueiro.
Cruzamos o lugar polo paseo marítimo saíndo pola estrada de acceso á vila ata a praia de Area da Vila. Aquí deixamos a estrada para seguir polo paseo que pasa por diante do hotel Playa de Camariñas cara a praia de Lingunde onde entramos na enseada da Basa tendo que camiñar, máis tarde, outra vez pola estrada ata a Ponte de Trasteiro. Aquí deixamos a estrada para bordear a enseada da Basa polo lado contrario ata chegar á desembocadura do río Grande.
O camiño chega ata a praia de Ariño onde xa non podemos remontar máis pola beira e teremos que saír á estrada novamente, chegando así ao restaurante O Airiño en Tasaraño, dando por rematada esta sinxela camiñada.