16 06 19 Riolago - Lago del Chao - Alto de la Cañada (San Emiliano) Léón

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓNSierra de Villabandín - Comarca de Babia – San Emiliano (León)

PUNTO DE PARTIDA: Riolago de Babia (1.250 m)

ACCESO: Desde a estrada CL – 626, que une a AP – 66 con Villablino, a altura de Huergas de Babia collemos no mesmo casco urbano un desvío que nos leva a Riolago.

HORARIO: 6/7 horas   DESNIVÉIS: 1.300 m         DISTANCIA: 20 km

DIFICULTADE: Media       TIPO DE RUTA: Circular             

MAPA: I.G.N. – 102 – I – III  

COTA MÍNIMA: Riolago (1.250 m)        

COTA MÁXIMA: Alto de la Cañada (2.167 m)

 

SINOPSE: Non é de estrañar que os reis leoneses elixiran a comarca de Babia para descansar dos atrafegos da corte. De aí ven a famosa expresión de “estar en Babia”, ou sexa, estar abstraído dos problemas de cotián.

            Extensos vales rodeados de altos cumes, praderías infinitas onde pace o gando placidamente, lagos, bosques e unha luz especial fan de Babia un lugar especial para o retiro e repouso.

            A igrexa parroquial de Riolago encomendada a San Salvador conta con un impresionante retablo, unha ermida na que se garda unha tosca talla da Virgen de la Leche. Tamén hai en Riolago dúas casas palacio de boa silleiría.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada sae pola parte sur da poboación atopándonos en seguida con unha bifurcación. Collemos o ramal da dereita e seguimos avanzando e ao pouco temos outro desvío. Esta vez seguimos polo ramal da esquerda para ir internándonos no fermoso val do regato de Riolago con os seus bosques de bidueiros e un pouco máis adiante comezamos a topar con prados de sega cercados de paredes de pedra.

             Temos unha ponte sobre o regato Riolago onde deixamos a pista para dirixirnos por o camiño da Casa de la Braña. O sendeiro ascende bruscamente cara á esquerda antes de chegar ao regato de La Señal que despois de superar uns cen metros de desnivel deposítanos nunha zona chan no que a senda vai preto do regato. Segundo nos vamos achegando a Laguna del Lago, o sendeiro métese por un barranco e pouco despois pasamos xunto á lagoa.

            Subimos por unha zona cómoda de andar para acadar o cimbro situado no cordal que baixa do Pico Ferrera á Peña Cuérrabo. No lugar de Lago del Chao o que atopamos é unha pradería húmida, pois o lago está totalmente ateigado.

            Seguimos o cordal que vai gañando altura ata o pico Ferrera (2.122 m). A partir de aquí seguimos pola crista para acadar o segundo cume, o Alto de la Cañada (2.157 m) ou Fontarente, que é o máis alto de todo o percorrido.

            Camiñamos en dirección noroeste para subir o Rabinalto (2.117 m) e despois cara a Peña del Arenal (2.116 m). Seguimos pola vertente de augas na que se atopa o cimbro Machadones (1.969 m) e logo o Alto Terreiros (2.061 m).  

            Comezamos unha suave baixada deixando Brañavieja á nosa dereita ata acadar o cimbro de Las Chastras. Temos un tramo de monte baixo, incómodo de andar, ata que chegamos ao rochedo. A próxima parada está no pico Lobos (1.847 m) desde o que continuamos en dirección nordeste para baixar por unha pista cortalumes que fai de divisoria do cordal. Case non se ve o sendeiro, cuberto polo matueiro. Ó chegar a un segundo cimbro, comezamos unha clara baixada por un cortalumes ata acadar o regato Chaquichín, que logo de seguir uns metros a súa canle, enlazamos con a pista que vai a Riolago.