NORMAS E RECOMENDACIÓNS
O G.M. Pena Tallada non dispón de guías profesionais e as súas actividades están organizadas desinteresadamente pola Directiva.
O G.M. Pena Tallada e a súa Directiva non se fai responsable de accidentes sufridos como consecuencia da práctica deportiva polos participantes nas activades do grupo, sendo cada participante responsable das súas decisións.
O G.M. Pena Tallada dispón dun seguro de Responsabilidade Civil para os participantes pero recomenda dispor dun seguro individual que cubra as continxencias derivadas de responsabilidade individual.
Para asistir ás actividades programadas polo club debes acatar unhas normas básicas de obrigado cumprimento
- Haberá actividades nas que, polas súa dificultade e a criterio da Directiva, se ofrezan dúas alternativas ou incluso máis. Asegúrate cal é a ruta adecuada para ti e non sobreestimes a túa condición física.
- En cada grupo haberá unha persoa que fará de guía e irá abrindo paso e outra persoa que pechará o grupo. O ritmo de cada grupo adaptarase á xente que requira máis tempo para a súa realización.
- Ningunha persoa irá diante do/a guía nin detrás da persoa que peche o grupo, quedando totalmente prohibido saírse das rutas establecidas. Si por calquera circunstancia tés que facer unha parada debes avisar a unha persoa responsable do grupo. A disgregación dun grupo e unha habitual fonte de incidencias.
- As rutas por zonas elevadas que esixan un grande esforzo ou que exista certo risco de lesión non poderá ir ninguén que non teña a licenza federativa en vigor.
- As rutas de nivel baixo tamén teñen risco de lesión polo que é aconsellable ter a licenza de montaña.
- Nas excursións de media e alta dificultade será obrigatorio levar calzado de montaña.
- En última instancia, os responsables do grupo, baixo a seu criterio, poderán denegar a participación nunha actividade a quen non cumpra os requisitos, condicións físicas ou o equipamento necesario.
Consellos básicos para andar polo monte
- Os participantes levarán comida e bebida suficiente acorde as súas necesidades e á actividade na que van participar.
- Non deixes lixo, non alimentes os animais salvaxes, non recollas plantas nin rochas e mantente nos carreiros marcados para evitar a erosión.
- Minimiza o rastro do teu paso polo monte camiñando de forma que non alteres o entorno natural.
- Non fagas ruído e deixa paso a outros grupos que camiñen máis rápido.
- Leva un kit de primeiros auxilios.
- Procura levar sempre algún medio de comunicación para pedir axuda en caso de perda ou accidente.
- Si perdes o contacto con o grupo principal, e tés dúbidas sobre o itinerario, non elixas un camiño que non coñezas ao azar, o mellor é parar e esperar aos membros do grupo que veñan detrás, aos que retrocedan a buscarte ou intentar contactar con o grupo por teléfono.
COMPOÑENTES DA XUNTA DIRECTIVA
PRESIDENTE: Xoán Antón Monasterio López
SECRETARIA: Teresa Díaz Estévez
TESOUREIRA: Francisca Moreno Cazorla
VOGAL: Eduardo Fernandez Regodesebes
VOGAL: Francisco Fernández García
VOGAL: Elías Cruña Piñeiro
VOGAL: Valentín Riopedre Trobo
VOGAL: Alberto Cimas Carbajo
VOGAL: José Ramón Fraga Sordo