270923 Estany Gran de Besiberri
Enlaces a: wikiloc / fotos / pdf castelán
SITUACIÓN: Vielha e Mijarán e Vilaller (Lleida)
PUNTO DE PARTIDA: Espitau de Vielha (1600 m)
ACCESO: Desde Vielha pola estrada N- 230. O punto de partida está xusto no remate do túnel.
HORARIO: 5/6 h DESNIVEL: 600 m DISTANCIA: 10 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Ida e volta
COTA MÍNIMA: Bifurcación GR - 11 - Prat de Vicent (1.510 m)
COTA MÁXIMA: Estany de Besiberri (1.987 m)
MAPA: Val d´Aran 1: 40.000 / Aigüestortes-Vall de Boí 1:25.000 de Editorial Alpina
SINOPSE: O Vall de Besiberri está situado no termo municipal de Vilaller, na comarca da Alta Ribagorza (Lleida).
Polo Vall de Besiberri discorre o barranco de Besiberri, que desemboca no río Noguera Ribagorzana, no límite oeste do val. A unha altitude de 1985 m atópase o lago glaciar Estany de Besiberri e no mesmo val tamén se atopa o refuxio de Besiberri (2221. m). Limita ao norte con o val de Conangles, ao leste con o Vall de Boí, ao sur limita con os picos de Tossal d´Escobedieso e a Punta de Senyalada.
O Vall de Besiberri está incluído na zona periférica do Parque Nacional de Aiguestortes y Lago San Mauricio.
DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada comeza xunto ao antigo hospital de Vielha en dirección leste pasando entre os edificios e unha fonte con bebedeiro no remate das casas onde remata o empedrado. Camiñamos uns catrocentos metros ata unha bifurcación onde hai un poste indicativo e collemos o GR – 11 cara á dereita.
Comezamos a baixar con o rego á nosa esquerda ata unha ponte pola que cruzamos ao outro lado. Este camiño de bo andar, intérnase no bosque pasando xunto ao refuxio de Conangles (1.555 m) e máis adiante a un parque de merendas. Seguimos en suave baixada con as marcas do GR ata que chegamos a unha bifurcación na zona de Prat de Vicente (1.510 m) onde o carreiro da esquerda cambia de dirección para internarse polo barranco de Besiberri.
A subida vai por un carreiro con o barranco á nosa dereita, pero neste tramo, existe unha pista que facendo varios zigzags fai a subida máis descansada pero, será a cambio de camiñar máis metros. Tanto seguindo a pista como atallando polo carreiro chegaremos a unha zona onde hai unha fervenza é un depósito de auga para incendios, a partir de aquí, seguiremos polo carreiro. A subida segue deixando o barranco á dereita ata un punto no que cruzamos por unha ponte de formigón e seguimos por este lado despois de facer innumerables zetas, ata o fermoso Estany de Besiberri (1.987 m).
A camiñada remata neste fermoso lago preo si non apetece podemos seguir camiñando ata o refuxio de Besiberri situado a 2.221 m de altitude superando un desnivel de 230 m. nun tramo de 2,5 km. A volta é polo mesmo camiño.