040725 Peña Orniz

 Enlaces a:  wikiloc  /  fotos  /  pdf castelán

SITUACIÓN: Cordillera Cantábrica (Somiedo – La Babia)

ACCESO: Dende o Alto de la Farrapona, lugar ao que se accede pola pista que vai de Saliencia a Torrestío.

HORARIO: 7 h                  DESNIVEL: 485 m. de subida e 915 m. de baixada.

DIFICULTADE: Alta         TIPO DE ROTA: Travesía             MAPAS: I.G.N. - 76 -IV – 77 - III


DESCRICIÓN DA ROTA: Dende o Alto de la Farrapona, collemos unha pista que nos leva ata Caranga, meseta sostida sobre a cunca do lago La Cueva ou Mina.

Bordeamos o lago por un sendeiro que nos leva ata o lago Calabazosa para seguir por un intricado labirinto orográfico de rochas con tramos herbosos que nos achegan a cubeta do lago e a braña coa súa cabana.

A rota continúa cara ao sur aproximándose as paredes setentrionais da cristería que cerra este circo onde sobresaen os picos de Calabazosa (2.115 m), El Diente (2.025 m), Muria Brava (2.130 m), etc. O sendeiro continua debaixo da parede de Muria Brava ata que nos achegamos a Horcada de la Verderona (2.075 m), cimbro abicado inmediatamente ao norte da Torre de Orniz e por riba das resprandecentes augas da lagoa Congosto, situada mais aló da divisoria rexional.

Dende este punto a ascensión a Torre amósasenos evidente, temos que trepar por unha cheminea ata superar uns resaltes que nos deixan no último tramo da Torre de Orniz (2.178 m).

Recorremos a aresta cimeira cara ao oeste da mole de Orniz pola escarpada vertente somedana, menos exposta ca Sur, para encumearnos seguidamente na Peña Orniz (2.194 m.), teito de Somiedo.

Unha vez no cume, podemos recrearnos coas magníficas vistas sobre do amplo horizonte. Cara ao sur temos as terras leonesas de Babia, podemos ver as Fontes do Sil, a lagoa Las Verdes, picos veciños como o Cuetalbo, Morronegro, os Albos e o Rubio, o Macizo de Ubiña, o Cornón e un sen fin de cumes en todo o redor.

Cara a base norte do pico esténdense as Morteras del Valle, que nos asemella unha paisaxe luar.

Baixamos a Collada de Orniz e agora atravesamos a Mortera del Valle en dirección noroeste polo medio de innumerables jous para baixar, sen perda, ao Lago del Valle polo Pedregal e Cobrana.

Unha vez xunto ao Lago del Valle, non temos mais que coller o camiño que bordea o lago e seguilo todo cara abaixo ata o Outeiro e Valle de Lago.

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau