010520 Lagos de Somiedo

 Enlaces a:  wikiloc  /  fotos  /  pdf castelán

SITUACIÓN: Somiedo (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Valle de Lago (1.150 m)

ACCESO: Na estrada N- 634, en Cornellana, collemos a que vai a Cangas del Narcea e a dez quilómetros desviámonos á esquerda pola que vai ao Porto de Somiedo. En Pola de Somiedo, no centro, collemos a estrada que vai a Lago de Valle.

HORARIO: 7/8 h                 DESNIVEL: 700 m             TIPO DE RUTA: Travesía

DIFICULTADE: Media       DISTANCIA: 18 km            MAPAS: I.G.N. – 76 – IV – 77 – I - III

SINOPSE: Esta excursión é unha das máis fermosas do Parque Natural de Somiedo, na que podemos contemplar o lago máis grande do Cordal Cantábrico.


DESCRICIÓN DA RUTA: O punto de partida sitúase na parte alta da aldea de Valle de Lago, no barrio de Outeiro, para seguir en todo momento o camiño que ascende suavemente ata o primeiro lago, o Lago del Valle. Subimos uns catrocentos metros de altitude en seis quilómetros e medio, se ben, hai dous repeitos pronunciados entre o primeiro e o segundo quilómetro. Entre ambas referencias sae unha bifurcación á dereita que baixa cara ao río o cal cruza pasando xunto a un grupo de cabanas de teito. Podemos coller o camiño que queiramos, (parece ser que o da dereita é o máis atractivo).

Se seguimos de fronte, aproximadamente a hora e cuarto de camiño, aparece outra bifurcación á esquerda que sube ás Veigas de Camayor as que logo iremos, pero por outro camiño.

A chegada ao Lago del Valle faise polo norte do mesmo, vemos unha parede que fai de presa e de repente aparece toda a impresionante beleza do lago. Podemos darlle a volta ao redor se o tempo o permite e nun refuxio xunto a unha cabana de teito chamado Cabaña de Cobrana temos as vistas máis espectaculares do val. Inmellorable sitio para xantar.

Saímos do lago cara ao norte, aquí espéranos o tramo máis duro de toda a ruta, unha subida que nos levará ás Veigas de Camayor, inmensas, con un montón de vacas pacendo. Logo de pasar varias baixadas e subidas suaves, chegamos a Majada de Cerveiriz, e no fondo desta , está o lago do mesmo nome.

Baixamos ata o mesmo, se choveu no inverno, estarán fermosos. Son os lagos de Saliencia xunto con os de Calabazosa e o Cueva ou da Mina, dos caes o máis espectacular é sen dúbida o de Calabazosa.

Dende o lago de La Mina, subimos ao Alto de La Farrapona, e de aquí, oito quilómetros todo en baixada ata Saliencia, nesta baixada encontraremos unha fonte de augas cristalinas e tremendamente frías.

Publicacións populares deste blog

NOVAS

260914 Madotz - Irañeta

260916 Circular Midí d'Ossau